Novas
Buscador
- Emigración pon en marcha o programa de obradoiros presenciais e telemáticos para as entidades galegas do exterior 08.05.2021 audio A convocatoria publicarase nos primeiros días de xuño e ten como obxectivo que os centros galegos poidan ir recuperando a súa actividade habitual. No 2020 a Secretaría Xeral da Emigración puxo en marcha a Aula GaliciaAberta que permitiu impartir estes obradoiros dende a plataforma dixital deste departamento, sumando máis de 405.000 visualizacións... Máis información
- Miranda analiza co Xacobeo e as entidades galegas de Madrid as iniciativas para potenciar o Camiño de Santiago no Ano Santo 07.05.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co director do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, e cos e coas representantes das entidades e centros galegos de Madrid. O obxectivo desta reunión telemática foi analizar as diferentes iniciativas culturais que, en conxunto, están a preparar para a potenciación... Máis información
- Miranda e Fernández-Tapias reúnense coas e cos bolseiros BEME da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado no campus de Vigo 06.05.2021 audio Entre os temas a tratar estivo a necesidade de facilitar a tramitación da residencia das familias das galegas e galegos retornados que non contan coa nacionalidade española. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá, na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, un encontro cos bolseiros e bolseiras BEME que... Máis información
- Emigración destina 6.000 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (AERU) para o mantemento da súa oficina de información 05.05.2021 audio O secretario xeral deste departamento autonómico firmou co presidente da entidade, con sede en Caldas de Reis, o convenio que permitirá manter o asesoramento aos galegos e galegas do exterior que optan por regresar a Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, firmou esta mañá no edificio da Secretaría Xeral da... Máis información
- A Xunta detalla o programa “Conecta co Xacobeo” para os galegos e galegas do exterior na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas 04.05.2021 audio O vicepresidente primeiro presidiu, xunto ao secretario xeral da Emigración, a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. O programa “Conecta co Xacobeo” permitirá a participación activa no Camiño de Santiago dos galegos e galegas do exterior durante o Ano Santo, dándolle así un pulo ás entidades galegas. O vicepresidente primeiro da... Máis información
- A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas para a formación a persoas desempregadas, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna 04.05.2021 audio O Goberno autonómico destina 44,3M€ para a cualificación de 16.600 persoas, aumentando así nun 23% o orzamento con respecto á última convocatoria destas axudas. O obxectivo é poñer a disposición dos galegos e galegas unha formación de calidade co reto de incrementar as súas oportunidades laborais a través dunha oferta formativa de 1.100 cursos... Máis información
- Miranda e Trenor reúnense coas e cos bolseiros BEME da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado na UDC 03.05.2021 audio Entre os temas a tratar estiveron os diversos mecanismos que oferta a Xunta para súa inserción laboral en Galicia, así como a necesidade de que se axilice por parte do Estado a homologación dos seus títulos do estranxeiro. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá, no Museo de Belas Artes da Coruña, un... Máis información
- Miranda recibe ao secretario do Centro Gallego de México 02.05.2021 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas ao secretario do Centro Gallego de México A.C., co obxectivo de trasladarlle a situación que está a vivir o colectivo na capital do país azteca. O Centro Gallego de México Asociación Civil conta con 1.400 familias asociadas, e con numerosas actividades para as... Máis información
- A Secretaría Xeral da Emigración avanza no proceso de axudas ás entidades galegas do exterior coa publicación das emendas ás solicitudes, paso previo á súa concesión 01.05.2021 audio Antonio Rodríguez Miranda recorda que este departamento autonómico destina máis de 1,7 millóns de euros para a realización de obras, adquisición de equipamentos, funcionamento e actividades dos centros galegos no exterior. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda recordou que o departamento que dirixe avanza no proceso de... Máis información
- Emigración destina á Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo 30.000 euros para o programa de atención socio sanitaria a galegas e galegos residentes da capital uruguaia 30.04.2021 audio O secretario xeral da Emigración e o delegado da Xunta en Uruguai, Alejandro López Dobarro, mantiveron hoxe unha videoconferencia co presidente esta entidade, Fernando García Martínez. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantivo nas últimas horas, xunto ao delegado da Xunta en Uruguai, Alejandro López Dobarro, unha reunión... Máis información
Páxinas |









