Novas
Buscador
- Miranda asiste á Romaría Abanca Internacional, que este ano elixiu Ribadavia para celebrar a súa cuarta edición 28.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu este mediodía á Romaría Abanca Internacional, que este ano celebrou a súa cuarta edición. O responsable autonómico presenciou a exhibición de cetrería que tivo lugar no recinto interior do Castelo dos Condes de Sarmiento de Ribadavia, municipio elixido pola entidade para... Máis información
- O Centro Galego de Vitoria, récord mundial de muiñeira 27.07.2018 audio O Centro Galego de Vitoria vén de bater esta pasada fin de semana o récord do mundo de baile simultáneo de muiñeira, con máis de 600 galegas e galegos e veciñas e veciños alaveses que se xuntaron no Parque Norte da capital vasca para participar no movemento 'Global Muiñeira'. O vídeo resumo desta nova marca mundial -certificada ante notario-... Máis información
- Miranda sitúa os coidados básicos das e dos maiores galegos sen recursos residentes no exterior entre as prioridades da Secretaría Xeral da Emigración 26.07.2018 audio O titular do departamento autonómico renovou o convenio de colaboración coa Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Río de Janeiro, por un importe de 25.000 euros. A residencia é unha das mellor dotadas e máis completas da cidade brasileira e da diáspora galega, e presta coidados aos galegos e ás galegas sen recursos... Máis información
- Hoxe os galegos e galegas festexamos todo o que nos une 25.07.2018 audio Máis información
- Feijóo asiste ao acto de Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago 25.07.2018 audio O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistiu na praza do Obradoiro, acompañado dos membros do Goberno galego, ao acto de Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago. Posteriormente trasladouse á Casa do Concello para asinar no libro de Honra da Cidade. - Vídeo da campaña institucional con motivo da celebración do Día de Galicia... Máis información
- O Obeliscazo volve triunfar en Bos Aires 25.07.2018 audio Mentres toda Galicia gozaba dos fogos do Apóstolo, a capital arxentina celebraba así o Día de Galicia. - Bos días da TVG, minuto 1:57:10 (picar aquí para acceder) Máis información
- Miranda preside o acto de entrega de diplomas que pon fin á convocatoria de 2018 de “Escolas Abertas” 24.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas das “Escolas Abertas” 2018, que pon fin a esta nova convocatoria, na que participaron 70 formadores de centros galegos da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza, que... Máis información
- A gala de clausura de “Escolas Abertas” converte Ourense na capital da cultura galega máis internacional 23.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración asistiu, acompañado pola delegada territorial da Xunta e o alcalde de Ourense, ao acto que pon fin a dúas semanas dun intenso programa lectivo Os 70 formadores de centros galegos do exterior amosaron o aprendido nesta nova edición do programa da Xunta de Galicia para actualizar os seus coñecementos en varias... Máis información
-
Escolas Abertas interpreta unha muiñeira de Romeor no programa 'Vivir Aquí'
22.07.2018
audio
Os grupos de baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión das Escolas Abertas 2018 conquistaron Galicia desde a Televisión de Galicia. Aquí che deixamos o enlace do programa Vivir Aquí no que amosaron a todo o mundo parte do que aprenderon estas semanas no Centro Residencial Docente de Ourense.
- Vivir Aquí da TVG (picar aquí para acceder)
Máis información
- Miranda renova a súa colaboración coa Asociación de Retornados Ulla-Umia nun momento no que o regreso á comunidade centra a realidade migratoria de Galicia 21.07.2018 audio O secretario xeral da Emigración asinou un novo convenio coa Asociación de Retornados Ulla-Umia nun acto ao que asistiron o seu presidente, Celso Domínguez Búa, e a secretaria, Clara Tubio O acordo, que conta cunha dotación de 6.000 euros, permitirá ao colectivo seguir a ofrecer información e asesoramento gratuítos aos emigrantes que volven a... Máis información
Páxinas |









