XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade. «A xestión da diversidade cultural desde o ámbito local»

Listen to this page using ReadSpeaker
971 lecturas

O xoves 25 e o venres 26 de abril, no Centro Tecnolóxico de Arteixo, celébranse as XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, organizadas pola ONGd Ecos do Sur en colaboración coa ONG Mestura, e cofinanciadas polo Concello de Arteixo, nesta edición centradas na temática A xestión da diversidade cultural desde o ámbito local.

  • Persoas ás que se dirixe: aberto ao público en xeral, ainda que especialmente destinada a profesionais e estudantado do ámbito social
  • Prezo da matrícula: 6 €  (3 para estudantes, persoas en paro ou xubiladas)
  • Data límite de inscrición: 23 de abril de 2013
  • Programa, máis info e inscricións: interculturalidade.net
XI Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade. «A xestión da diversi
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Ecos do Sur
Data: 
25.04.2013 a 26.04.2013
Hora: 
9,00
Lugar:
Centro Tecnolóxico de Arteixo
Avda. Arsenio Iglesias, s/n - Polígono de Sabón, Parcela 46
Arteixo - 15142A Coruña
España