Taller de Risoterapia

Listen to this page using ReadSpeaker
989 lecturas

O sábado 17 de marzo, das 17 ás 19,00 h., na Parroquia da Nosa Señora do Perpetuo Socorro (salón de atrás), fronte aos edificios de Facenda e os Xulgados (zona Plaza América)  a Casa Argentina en Vigo organiza un Taller de Risoterapia.

  • Finalidade
    -Este taller ofrece a posibilidade de abrir un espazo á creatividade, flexibilidade, e poder compartir dun xeito sinxelo en complicidade con outros e outras.
  • Obxectivos
    -Potenciar o sistema inmunolóxico.
    -Favorecer a nosa espontaneidade, imaxinación.
    -Recoñecer a habilidade de poder rir (de nós mesmos e co outro ou outra).
  • Número de prazas: 25
  • Custo: 3 €
  • Reservas e pagamentos: ata o 12 de marzo en
    -Nostalgias – Galería Príncipe, 22, Local 17 – 886 138 954 (Dino ou Stella)

    -Perfumería Chevere – Pi y Margal, 143 – 886 319 310 (Hugo)
     

Taller de Risoterapia.
Evento: 
Curso
Organiza: 
Casa Argentina en Vigo
Data: 
17.03.2012
Hora: 
17,00
Lugar:
Parroquia da Nosa Señora do Perpetuo Socorro
Lalín, 3
Vigo - 36209Pontevedra
España