Ruada dos callos en Castellón
O sábado 2 de febreiro a partir das 14,00 h. na sede social "O Faiado" do complexo do antigo cuartel Tetuán XIV, o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" organiza a "Rúada dos callos", un xantar arredor deste prato típico da nosa gastronomía, os callos á galega. Haberá, ademais, petiscos variados, viños, refrescos, postres variados, sesión café e licores. O custo para os socios e socias é de 5 €; para as persoas convidadas de 8 €; para as e os menores de 12 anos é de balde. Reservas no local social da rúa Pérez Dolz, tlf. 964 228 508.

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Galego de Castelló O Aturuxo
Data:
02.02.2013
Hora:
14,00
Lugar:
Local social "O Faiado" do Centro Galego de Castelló
Bovalar, Cuadra la Tercera, s/n Antiguo Cuartel Tetuán XIV
Castellón de la Plana - 12004Castellón-Castelló España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





