IV Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles
Do xoves 7 ao luns 11 de xuño, no Parque Liana de Móstoles (entre Avda. dos Deportes e Benito Pérez Galdós), o Centro Galego de Móstoles organiza a IV Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles. Nesta IV Feira poderanse degustar os diferentes pratos de Mariscos acompañados dos caldos típicos da terra, así como poder saborear os licores dixestivos do país.
No aspecto Cultural desta IV Feira poderase gozar dunha exposición da artesanía popular de Galicia como obradoiros de cantería en pedra, encaixe de Palillos do grupo de palilleiras de Móstoles e de Camariñas, produtos típicos da gastronomía galega, así como as artes tradicionais relacionadas co marisqueo e a pesca (barcos en miniatura, dornas, utensilios de pesca, libros rumbos, etc.)
Programa:
- Xoves, 7 de Xuño:
Acto inaugural da IV Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles.
20,00 h. Recibimento de autoridades e convidados
20,15 h. Presentación oficial e Lectura do Pregón nas instalacións da carpa situada no Parque Liana de Móstoles.Intervirán:
-D. Francisco Rodríguez Santiago (Presidente do Centro Gallego de Móstoles)
-D. José Ramón Ónega López (Delegado da Xunta de Galicia en Madrid e Director da Casa de Galicia en Madrid)
-D. Daniel Ortiz Espejo (Alcalde do Excelentísimo e Ilustrísimo Ayuntamiento de Móstoles)
20,45 h. Actuación do Grupo de Gaitas e Baile ( A Peneira) do Centro Gallego de Móstoles
Visita guiada á Feira ás autoridades e convidados
21,00 h. Degustación dos produtos da IV Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles.
- Venres, 8 de Xuño:
Xornada dedicada ao mar coa proxección de documentais cedidos polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) relacionado co mar, mostrando as artes de pesca tradicionais empregadas nas Rías Baixas.
12,00 h. Apertura do Posto da Feira e exposición da artesanía popular.
20,00 h. Actuación do Grupo de Gaitas A Peneira do Centro Gallego de Móstoles
- Sábado, 9 de Xuño:
12,00 h Apertura do Posto da Feira e exposición da artesanía popular.
20,00 h. Actuación do Grupo de Gaitas e Baile A Peneira do Centro Gallego de Móstoles
23,00 h. Celebrarase a Noite Meiga coa tradicional Queimada, e o seu máxico Conxuro, amenizada con música tradicional galega.
13,30 h. Actuación do Grupo de Coro Anduriña do Centro Gallego de Móstoles
14,30 h. Tradicional xantar de Irmandade de socios, socias, amigos e amigas do Centro Gallego de Móstoles.
20,00 h. Actuación do Grupo de Gaitas e Baile A Peneira do Centro Gallego de Móstoles
- Domingo, 10 de Xuño:
Xornada dedicada ao "Día do polbo", prato que terá maior relevancia, pola variedade da súa preparación.
12,00 h. Apertura do Posto da Feira e exposición da artesanía popular.
13,30 h. Actuación do Grupo de Coro Anduriña do Centro Gallego de Móstoles
14,30 h. Tradicional comida de Irmandade de socios e amigos do Centro Gallego de Móstoles.
20,00 h. Actuación do Grupo de Gaitas e Baile A Peneira do Centro Gallego de Móstoles
- Luns, 11 de Xuño:
Esta xornada estará dedicada aos mexillóns e á exaltación dos produtos de repostaría tradicionais de Galicia, así como a variedade de menús especiais (Menú solidario), ao obxecto de celebrar o día da confraternidade entre persoas asociadas, amigos e amigas, simpatizantes, e público en xeral, a prezos moi reducidos.
12,00 h. Apertura do Posto da Feira e exposición da artesanía popular.
22:00 H: Clausura da IV Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles 2012.






