I Concurso de microrrelatos "The John Rutherford Centre for Galician Studies-University of Oxford"

Listen to this page using ReadSpeaker
1287 lecturas

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford, co obxectivo de promover a escrita creativa entre as e os estudantes de galego como lingua estranxeira, convoca o I Concurso de microrrelatos "The John Rutherford Centre for Galician Studies-University of Oxford".

  • Pode participar o estudantado de galego de calquera das 31 universidades de Asia, América e Europa que contan cun centro de Estudos Galegos
  • Os microrrelatos deben presentarse en lingua galega
  • Extensión máxima: 270 palabras (título incluído)
  • As obras deben ser inéditas
  • Prazo de presentación: do 1 de xaneiro ata o 1 de maio de 2014
  • Recepción das obras: deben enviarse por correo-e ao enderezo diego.pardoamado@queens.ox.ac.uk indicando os datos persoais e o Centro de Estudos Galegos no que se atopa matriculado/a
  • Fallo do premio: un xurado designado pola organización dará a coñecer os dous textos gañadores o 17 de maio de 2014 na edición dixital do xornal La Voz de Galicia, con motivo do Día das Letras Galegas. O xurado poderá declarar deserta algunha categorías
  • Premios:
    -1º premio: un lector de libros electrónicos (e-book reader), un diploma acreditativo expedido polo Centre for Galician Studies-University of Oxford e a publicación e difusión do microrrelato na edición dixital de La Voz de Galicia. Tamén será espallado a través das redes sociais de todos os Centros de Estudos Galegos participantes
    -2º premio: lote de libros relacionados con Galicia patrocinados pola Fundación Barrié, un diploma acreditativo expedido polo Centre for Galician Studies-University of Oxford e a publicación e difusión do microrrelato na edición dixital de La Voz de Galicia. Igualmente será espallado a través das redes sociais de todos os Centros de Estudos Galegos participantes

 

I Concurso de microrrelatos "The John Rutherford Centre for Galician Studies-University of Oxford"
Evento: 
Certame literario
Organiza: 
Centro de Estudos Galegos Oxford / Oxford Centre for Galician Studies
Data: 
01.05.2014
Lugar:
Centre for Galician Studies
The Queen's College - University of Oxford
Oxford OX1 4AW, Oxfordshire
Reino Unido