Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Outubro2025O delegado da Xunta en Arxentina súmase ás celebracións da Hispanidade en Mar del Plata coa cultura como referente audio O delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou no Festival Artístico de España celebrado en Mar del Plata, acto que puxo o broche final á Semana da Hispanidade nesta cidade arxentina, unha das que concentra maior presenza española do país. Durante o evento, no que tomaron parte os conxuntos de música e baile das distintas casas de España da cidade, o delegado estivo acompañado polo embaixador de España,... Máis información
-
22Outubro2025A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, destaca en Montevideo o compromiso permanente da Xunta por facilitar ás Comunidades Galegas do exterior a súa relación coa cultura galega audio A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, estivo presente no acto de peche dos obradoiros de pandeireta organizados pola entidade Alma Gallega en Montevideo, cunha ampla participación das institucións galegas da cidade. Durante o encontro, os distintos grupos amosaron a súa integración a través da música tradicional e o baile, reforzando o compromiso coa cultura galega no exterior. O evento enmárcase no programa anual da... Máis información
-
21Outubro2025A Xunta porá en marcha no 2026 unha Oficina de Atracción de Talento para consolidar o modelo galego de captación ordenada de persoas traballadoras audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración explicou no Pleno do Parlamento as medidas autonómicas orientadas a sumar e reter talento e a prol da formación flexible. Coordinará as medidas de emprego para persoas galegas do exterior que desexan regresar a traballar na súa terra e tamén ás procedentes de 3º países reforzando o “modelo Galicia”, que busca captar talento dun xeito planificado e unido ao emprego. Entre as iniciativas que serán... Máis información
-
20Outubro2025O Consello avalía as inversións e programas impulsados pola Xunta na provincia de Ourense en áreas como Política Social, Medio Ambiente, Economía ou Emprego audio O Goberno autonómico destina este ano máis de 5 M€ a actuacións en centros de menores, de atención á discapacidade ou residencias de maiores. Impulsa actuacións e proxectos por importe de 4 M€ para preservar os tres parques naturais de Ourense e o Complexo Húmido da Limia. A Xunta da apoio máis dun millar de empresas e emprendedores da provincia a través de diferentes programas. O Consello da Xunta avaliou hoxe varios informes sobre inversións... Máis información
-
18Outubro2025A delegada da Xunta no Uruguai recoñece o labor do Centro Pontevedrés na preservación da cultura galega durante a celebración do seu 67.º aniversario audio A delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao acto de celebración do 67.º aniversario do Centro Pontevedrés de Montevideo, acompañando á colectividade galega neste día tan especial co obxectivo de recoñecer o labor constante da entidade na preservación da identidade e cultura galega no país. Na súa intervención ante o público asistente, a delegada da Xunta relatou o compromiso permanente da comunidade galega coas súas... Máis información
Páxinas |




