Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Belo Horizonte

Listen to this page using ReadSpeaker
929 lecturas

Do mércores 16 de decembro ao sábado 27 de febreiro de 2016, na CâmeraSete - Casa da Fotografia de Minas Gerais, estará exposta a mostra Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e a colaboración do Instituto Cervantes de Belo Horizonte, a Embaixada de España no Brasil, a Fundação Clóvis Salgado e a Prefeitura de Belo Horizonte.

Trátase dunha exposición itinerante composta por 51 imaxes en branco e negro do fotógrafo coruñés Alberto Martí que retratan o éxodo galego a América desde os portos da Coruña e Vigo e o retorno destas persoas durante o período que vai desde o 1957 ata o 1963.

  • Datas da exposición: do 16 de decembro 2015  ao 27 de febreiro de 2016
  • Horario de visita (a entrada é de balde): de martes a sábado de 9,30 a 21,00 h.
Exposición "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí", en Belo Horizonte
Evento: 
Exposición
Organiza: 
Consello da Cultura Galega
Data: 
16.12.2015
27.02.2016
Lugar:
CâmeraSete - Casa da Fotografia de Minas Gerais
Afonso Pena, 737 - Centro
Belo Horizonte - 30130-002Minas Gerais
Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024