Exposición e conferencia sobre os 800 anos da catedral de Santiago de Compostela, en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
765 lecturas

O xoves 12 de xullo, dentro dos actos conmemorativos do Mes de Galicia 2012 que organiza a Comisión de Cultura do Centro Gallego de Montevideo celebraranse, na sede da entidade, os seguintes eventos:

  • 19,15 h. Inauguración da exposición fotográfica Camiño e destino, con motivo dos 800 anos da consagración da Catedral de Santiago de Compostela que permanecerá aberta ata o 27 de xullo de 15,00 a 21,00 h. na Sala Castelao.
  • 19,30 h. Charla sobre o tema a cargo do xornalista Enrique Conde Blanco.
  • Ao remate, actuación do Ballet Folclórico Alborada.
Exposición e conferencia sobre os 800 anos da catedral de Santiago de Compostela
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Centro Gallego de Montevideo
Data: 
12.07.2012
Hora: 
19,15
Lugar:
Centro Gallego de Montevideo
San José, 870
Montevideo - 11100
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: