Conferencia 'Ángel Amor Ruibal, lingüista e filósofo', na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
667 lecturas

O martes 21 de outubro ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Antonio Domínguez Rey pronunciará a conferencia Ángel Amor Ruibal, lingüista e filósofo.

  • O acto celébrase co gallo do Centenario da edición do primeiro volume de Los problemas fundamentales de la filosofía y del dogma, de Ángel Amor Ruibal (Barro, Pontevedra, 1869-Santiago de Compostela, 1930) foi un destacado filósofo, lingüista e teólogo español. Precursor ademais do pensamento lingüístico e instaurador dunha metafísica ontolóxica non escolástica e inclasificable. Profundo coñecedor das linguas clásicas, o seu pensamento filosófico parte dunha posición crítica respecto ao tomismo aristotélico.

  • Antonio Domínguez Rey é catedrático de Lingüística Xeral. Doutor en Lingüística, Doutor en Filosofía, Agregado de Instituto de Bacharelato, Catedrático de Instituto de Bacharelato, Titular de Universidade, Catedrático de Universidade. Experiencia Docente: Prof. de Instituto de Bacharelato (1973-1990), Prof. de Universidade (1990-ata a actualidade). Poeta bilingüe (galego, castelán), crítico literario, ensaísta.

Conferencia 'Ángel Amor Ruibal, lingüista e filósofo', na Casa de Galicia en Madrid
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Casa de Galicia en Madrid
Data: 
21.10.2014
Hora: 
19,30
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: