"Conexión Audiovisual", programa de formación en emprendemento audiovisual para a mocidade residente no exterior

Listen to this page using ReadSpeaker
1178 lecturas

"Conexión Audiovisual" é unha nova actividade do 'Programa Jóvenes' da Dirección Xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, proxecto coordinado pola Vigo Film Commission. Este proxecto pretende apoiar ás/aos emprendedores/as audiovisuais. Vai dirixido a mozos/as españois/las ou con dobre nacionalidade, menores de 35 anos, residentes no estranxeiro e ofrécelles a oportunidade de especializarse en xestión de produtos e proxectos audiovisuais.

Conexión Audiovisual consiste en:

  • Un curso online (do 1 de febreiro ao 31 de marzo) sobre emprendemento no sector audiovisual que se pode seguir dende calquera país do mundo a través de internet
  • Foros presenciais que se desenvolverán en marzo de 2015 e se celebrarán en Nova York, México DF, Montevideo e Bos Aires
  • Premios Conexión Audiovisual. Entre todos/as os/as participantes do programa que presenten os seus proxectos escolleranse o mellor plan de empresa audiovisual e a mellor idea de produto audiovisual
  • Conecta2, unha rede profesional onde as empresas colaboradoras e os mozos/as emprendedores/as poderán establecer sinerxías para os seus proxectos.

Prazos de inscrición:

  • No curso on-line: do 1 ao 31 de xaneiro
  • Nos foros: do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro

Inscricións: www.conexionaudiovisual.org

Máis info:

"Conexión Audiovisual", programa de formación en emprendemento audiovisual para a mocidade residente no exterior
Evento: 
Curso
Organiza: 
Vigo Film Commission
Data: 
31.01.2015
28.02.2015
Lugar:
Vigo Film Commission
Uruguay, 8 - 4º, of 8
Vigo - 36201Pontevedra
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: