Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Novembro2026A Xunta destaca o papel da nova Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para enriquecer a próxima folla de ruta da Estratexia Galicia Retorna audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, clausurou en Río de Xaneiro o XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas. González sinala que o labor deste órgano tamén será clave para sentar as bases da nova Lei de Galeguidade, asegurar apoio autonómico a todas aquelas persoas galegas do exterior que o necesiten e seguir potenciando a cultura e a lingua galegas. Agradece o traballo realizado pola Comisión Delegada saínte desde... Máis información
-
12Novembro2026O XIV Consello de Comunidades Galegas traza a folla de ruta de traballo para a comunidade galega no exterior nos seus catro relatorios audio Na xornada de onte desenvolvéronse as sesións de traballo dos catro relatorios que vertebran o XIV Consello de Comunidades Galegas -Cultura e Lingua, Galeguidade, Retorno e Social-, marcadas por un clima de estreita colaboración entre os representantes das entidades e a Xunta de Galicia. Ao longo dos debates, analizáronse os principais desafíos da comunidade galega no exterior para sentar as bases dos próximos anos, alcanzando conclusións... Máis información
-
12Novembro2026A Xunta aposta por reforzar o acompañamento integral e áxil ás persoas galegas retornadas a prol do crecemento socioeconómico de Galicia audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, participou na primeira xornada do Pleno do Consello de Comunidades Galegas liderando o relatorio sobre o retorno. González analizou as liñas de traballo para facilitar un retorno con oportunidades reais de emprego, emprendemento, vivenda, formación e participación social ao abeiro da Estratexia Galicia Retorna, así como dos obxectivos para a próxima folla de ruta. Subliña que neste labor é clave a... Máis información
-
11Novembro2026Rueda preside o XIV Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrado en Río de Xaneiro audio Desta cita, que se clausurará mañá, sairá elixida a nova Comisión Delegada conformada por 13 entidades, presentes en España, Europa e América. Agradeceu o labor dos membros deste organismo á hora de recoller e atender as necesidades das persoas galegas no exterior, así como difundir a cultura e lingua propias. O titular do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá o XIV pleno do Consello de Comunidades Galegas -que se clausurará... Máis información
-
10Novembro2026Rueda anima aos brasileiros a vivir a experiencia do Camiño de Santiago con motivo do Xacobeo 2027 audio Asistiu hoxe á reunión de peche de mandato da Comisión Delegada do XIII Consello de Comunidades Galegas e mañá presidirá o seu Plenario. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou hoxe o Xacobeo 2027 en Río de Xaneiro e animou a todos os brasileiros a visitar Galicia e vivir a experiencia de peregrinar cara Santiago a través das diferentes rutas que compoñen o Camiño de Santiago. Máis de 564.000 peregrinos recolleron a súa compostela no... Máis información
-
09Novembro2026A Xunta destaca a fortaleza cultural da comunidade galega en São Paulo e Santos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou nun gran acto cultural da Casa de España de São Paulo. A xornada pechouse co concerto da artista galega Rosa Cedrón. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no gran acto cultural celebrado no salón Anchieta da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao, coñecida como Casa de España de São Paulo, e que acolle ás persoas... Máis información
-
07Novembro2026A Xunta estreita lazos coa colectividade galega en Alemaña audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puido estreitar lazos coa comunidade de galegos de Alemaña, ao compartir con eles encontros en Frankfurt e Cuxhaven. No marco da súa estancia en Alemaña, o responsable autonómico mantivo diversos encontros cos representantes da comunidade galega, reforzando o contacto directo da Xunta coa colectividade galega no exterior e recoñecendo a súa labor na preservación da nosa cultura e... Máis información
-
02Novembro2026A Xunta clausura a exposición do 'Mes do Camiño' en Montevideo poñendo o foco no Ano Santo Xacobeo 2027 audio A delegada da Xunta de Galicia no Uruguai, Elvira Domínguez, participou na clausura da exposición fotográfica dedicada á ruta xacobea no Auditorio Vaz Ferreira da Biblioteca Nacional en Montevideo, acto que marcou o peche das actividades do Mês do Camiño de Santiago. Durante a xornada de clausura, a delegada representou ao Goberno galego nunha cita institucional destinada a poñer en valor o patrimonio cultural, espiritual e turístico do Camiño... Máis información
-
27Outubro2026Miranda mantén un encontro co presidente de Toxos e Xestas para seguir estreitando lazos coa colectividade en Cataluña audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Agrupación Cultural Amigos da Gaita Toxos e Xestas, Álvaro Voces, na que aproveitou para transmitirlle o afecto e o recoñecemento do Executivo autonómico polo traballo incansable que desenvolve a entidade en Cataluña. O responsable autonómico destacou a Toxos e Xestas como un referente indispensable na preservación da música, o baile... Máis información
-
26Outubro2026A Xunta destina 5 M€ en 2027 ao despregamento do Plan Integral de Benestar Laboral e eleva o orzamento de Emprego, Comercio e Emigración por riba dos 500 M€ audio O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración compareceu no Parlamento galego para explicar as contas do seu departamento para o vindeiro ano. José González salientou tamén como un dos principais fitos do próximo ano a posta en marcha dun plan de microcredenciais en habilidades do futuro (8 M€) que permitirá recoñecer as primeiras formacións ao abeiro do marco pioneiro aprobado no 2026. A isto sumaranse 74,5 M€ destinados á formación de... Máis información
Páxinas |









