#ACulturaSegue

Os horrea galaicos do castro da Acea. Xoel Méndez Pérez
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Documental sobre os celeiros palafíticos ou depósitos para gardar o gran elevados no chan por pés de pedra que foron achados en varios castros espallados pola xeografía galega e que podemos entender como os antecedentes máis antigos do que hoxe é un hórreo. O audiovisual detense nos aparecidos na escavación do Outeiro de Castro, xacemento localizado entre os concellos ourensáns de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. A peza fai unha crónica dos tres anos de escavación, con testemuños do equipo arqueolóxico encargado destes traballos.