#ACulturaSegue
Sofía. Marta Pérez Alonso
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Espectáculo unipersoal próximo ao teatro-conferencia no que a actriz, acompañada da súa propia máscara, Platón, fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un logos, é dicir, un novo patrón interpretativo da realidade que nos permita facer un cálculo do que é ou non é violencia machista. Unha panorámica ante o silencio, a negación, o efecto espectador e a insensibilidade que sustentan a violencia de xénero e que invitan á reflexión do espectador.
