#ACulturaSegue

O Camiño Francés a través da súa toponimia. Suseia Sociedade Cooperativa Galega
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21

Seis breves pezas divulgativas que mostran o Camiño de Santiago desde unha perspectiva etnográfica, cultural e lingüística que pon en valor a toponimia galega para que a e o peregrino comprenda desde un punto de vista novo a relevancia da Ruta Xacobea e a súa pegada na configuración cultural da actual Europa.