#ACulturaSegue

Na casa. Caramuxo Teatro
Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

As seguidoras e seguidores do Programa de dinamización lingüística Os Axóuxeres, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, lembrarán este conto musical dirixido á xente miúda da familia que percorreu Galicia no ano 2013. Agora chega adaptado ao formato audiovisual para facer as delicias dos cativos e cativas, que gozarán coas cancións e as historias de Telmo o equilibrista, a gata Rita ou a florista Hortensia.