#ACulturaSegue

Gastronomía para non perderse, con André Arzúa
Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Serie de cinco documentais audiovisuais conducidos polo coñecido xefe de cociña André Arzúa en defensa dos produtos alimentarios galegos e dos seus correspondentes procesos de elaboración, da súa importancia patrimonial e cultural e da influencia que teñen na gastronomía contemporánea.

En cada capítulo, centrado nun produto concreto (congro seco, sardiña lañada, queixo de Arzúa, pan do país e androlla), visitaremos os recunchos de Galicia dedicados á súa produción e coñeceremos da man das e dos mellores profesionais o proceso que se agocha detrás destes tradicionais manxares da nosa terra.