#ACulturaSegue

Alalá de Herbón e Xota do norte. Nelson Quinteiro
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Videoclips de dúas cancións tradicionais incluídas no disco Músicas de domingo, de Nelson Quinteiro e Brais Fernández. Nelson Quinteiro interpreta as pezas acompañado de diferentes músicos e bailaríns.

Alalá de Herbón
Versión sinfónica creada por Manuel Villar e Iago Sobrino e interpretada pola Banda de Música de Valga. A voz é de Nelson Quinteiro e ocúpase da danza Iván Villar.

Xota do norte
A compañía de danza Nelson Quinteiro interpreta esta xota ao son da voz de Nelson Quinteiro, con Brais González ao piano e con Nelson Quinteiro e Roi Adrio na percusión.