Miranda reforza a colaboración do Goberno galego coa administración do Estado español en Venezuela

O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión en Caracas co ministro conselleiro da Embajada, José Hornero, e co conselleiro de Empleo y Seguridad Social, Santiago Camba

Miranda reforza a colaboración do Goberno galego coa administración do Estado español en Venezuela
Miranda reforza a colaboración do Goberno galego coa administración do Estado español en Venezuela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago, 15 de marzo de 2018.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa primeira visita do ano a Venezuela para reforzar a colaboración entre o Goberno galego e o español no país suramericano. O responsable autonómico mantivo unha reunión co titular da Consejería de Empleo y Seguridad Social, José Santiago Camba Bouza, e co ministro conselleiro e responsable de Negocios da Embajada de España, José Hornero, quen ostenta nestes intres a responsabilidade de ser a máxima autoridade do Estado español logo da saída do país o pasado mes de xaneiro do embaixador, Jesús Silva Fernández.

Durante o encontro, Miranda expuxo aos representantes españois os programas e as liñas de axuda que a Xunta de Galicia ten vixentes tanto para os galegos de Venezuela residentes aínda no país suramericano como para os que xa regresaron a Galicia ou están pensando en facelo. As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), as Axudas ao Retorno Emprendedor e as Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado foron algunhas das medidas de fomento do retorno que o secretario xeral da Emigración detallou aos responsables de Negocios e de Empleo y Seguridad en Caracas. 

Situación dos galegos do país suramericano

A xuntanza serviu, ademais, para analizar a situación na que se atopan os galegos de Venezuela, cuxa chegada a Galicia se disparou, especialmente nos últimos meses. A crecente demanda de retorno por parte da poboación galega residente no país suramericano fai imprescindible conservar a estreita relación e a comunicación constante que o Goberno galego mantén cos representantes da Administración do Estado na república bolivariana.

803 lecturas