Ciclo Galicia é Cine

Galicia é cine é un proxecto audiovisual da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e que ten como obxectivo difundir o audiovisual galego entre as colectividades galegas no exterior e nos países onde se ubican, amosando a tradición e a vangarda do noso cine.

Trátase dun ciclo de cinema con longametraxes (películas e documentais) producidos e realizados en Galicia que se exhibirán en diferentes países de Latinoamérica e Europa, unha actividade dirixida ás colectividades galegas e tamén ao público en xeral, para promocionar internacionalmente as producións audiovisuais da nosa terra.

Infórmate sobre as cidades e filmes do ciclo Galicia é Cine

Caracas Córdoba (ARX) Londres Río Gallegos (ARX)

Presentación do ciclo Galicia é Cine

Presentación do ciclo Galicia é cine, froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas e que permitirá que galegas e galegos residentes en Arxentina, Reino Unido e Venezuela poidan coñecer as películas feitas en Galicia máis taquilleiras dos últimos anos.