Miranda intensifica o contacto coas e cos galegos de Venezuela residentes na Comunidade para complementar a atención que presta no propio país suramericano

O secretario xeral da Emigración mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación de Venezolanos en Santiago, Javier Salas.

Emigración está a realizar un esforzo, tanto orzamentario como de atención, a prol desta colectividade que cada ano medra en presenza na Galicia territorial
Emigración está a realizar un esforzo, tanto orzamentario como de atención, a prol desta colectividade que cada ano medra en presenza na Galicia territorial
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2019.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, está a intensificar os contactos cos galegos e as galegas de Venezuela residentes en Galicia. As estreita relación que o departamento do Goberno galego mantén coas e cos retornados procedentes do país suramericano estase a reforzar nestas últimas semanas por mor dos acontecementos que está a vivir, e que suman a incerteza á complexa situación na que xa se atopaba.

O responsable de Emigración está, así, a manter encontros cos e coas representantes das distintas agrupacións de venezolanas e venezolanos en Galicia. Javier Salas, o presidente da Asociación de Venezolanos de Santiago (Avesanti), protagonizou unha xuntanza con Miranda no marco deste esforzo, tanto orzamentario como de atención, que está a prestar a Secretaría Xeral da Emigración a esta colectividade, que cada ano medra en presenza na Galicia territorial. 

Prestacións para máis de 3.000 familias
Esta atención complementa a que o Goberno galego presta e ás máis de 3.000 familias galegas de Venezuela que recibiron en 2018 algún tipo de prestación social da Secretaría Xeral da Emigración, e o que contribúe a que a cifra total destinada o pasado exercicio aos galegos e galegas de Venezuela superara os 2,5 millóns de euros, entre as e os residentes no país americano e as e os residentes en Galicia.

Segundo os últimos datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2018, residen en Venezuela un total de 40.226 galegas e galegos, dos cales 25.309 (un 37,08 %) naceron en Galicia e o resto, xa na diáspora. Trátase, trala canaria, da colectividade española máis relevante nun país que está a atravesar momentos de especial incerteza sobre o seu futuro.

940 lecturas