Galería de imaxes

Conecta con Galicia 2014

Conecta con Galicia 2014

Imaxes das mozas e dos mozos participantes no programa Conecta con Galicia 2014 da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Fotos da 1ª e 2ª quendas das actividades ao aire libre e da modalidade de campos de traballo.

Visita a Venezuela - Outubro 2014

Visita a Venezuela - Outubro 2014

Imaxes da visita a Venezuela (outubro de 2014) do secretario xeral da Emigración, coas fotos da entrega das 'Compostelas' ás rapazas e rapaces participantes no programa Conecta con Galicia 2014 da Secretaría Xeral da Emigración; da entrega das Medallas da Emigración do Goberno de España; da sinatura do convenio de colaboración coa Fundación España Salud para reforzar a asistencia da poboación...

Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas - Maio 2015

Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas - Maio 2015

Imaxes da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, máximo órgano de representación do CCG entre plenarios, que se celebrou o xoves 28 e o venres 29 de maio no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín - Ourense).

XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas

XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas

O XI Pleno do Consello de Comunidades Galegas celebrouse no Palacio do antigo Centro Galego da Habana os días 27 e 28 de maio de 2016. Aquí pódense visionar as imaxes do evento.

Campo de traballo de Portomarín - Conecta con Galicia 2015

Campo de traballo de Portomarín - Conecta con Galicia 2015

Galería de imaxes do Campo de traballo do programa 'Conecta con Galicia 2015' da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Inclúense fotos dos traballos arqueolóxicos de recuperación do castro de Castromaior, da visita do secretario xeral da Emigración, da directora xeral de Xuventude e Voluntariado, do alcalde de Portomarín e de autoridades provinciais, e das visitas teatralizadas...

Exhibición dos participantes das "Escolas Abertas 2016" en Ourense

Exhibición dos participantes das "Escolas Abertas 2016" en Ourense

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no casco vello ourensán á exhibición do alumnado da edición deste ano 2016 de “Escolas Abertas”, coa que os formadores e formadoras participantes na iniciativa quixeron compartir os seus coñecementos, e agradecer o trato recibido, ao público da cidade que os acolleu durante a súa estadía na Galicia territorial.

Antonio Rodríguez Miranda acompañou na Misa do Peregrino a un grupo de máis de douscentos participantes nos programas da Xunta ‘Conecta con Galicia’ e ‘Escolas Abertas

Misa do Peregrino - Conecta con Galicia (2ª quenda) & Escolas Abertas - Xullo 2015

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou na Misa do Peregrino a un grupo de máis de douscentos participantes nos programas da Xunta ‘Conecta con Galicia’ e ‘Escolas Abertas’, que asistiron con boa parte dos seus monitores e profesores. Un dos membros do grupo de participantes foi o encargado, precisamente, de facer a invocación ao Apóstolo durante o oficio relixioso.

Reencontros na Terra 2014

Reencontros na Terra 2014

Imaxes da chegada a Galicia e da recepción institucional no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) das e dos participantes no programa Reencontros na Terra 2014 da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

Bos Aires Celebra Galicia - 2017

Bos Aires Celebra Galicia - 2017

Imaxes da edición de 2017 do 'Bos Aires Celebra Galicia 2017', organizado polo Goberno da Cidade de Bos Aires, a Comunidade Galega na Arxentina e a Xunta de Galicia, tivo lugar o sábado 7 de outubro. Recóllense fotos do oficio relixioso celebrado na Catedral Metropolitana, a procesión coa imaxe do Apóstolo Santiago, a visita dos/as visitantes aos stands das entidade galegas na Avda. de Mayo, o...

Bos Aires Celebra Galicia - 2014

Bos Aires Celebra Galicia - 2014

O 'Bos Aires Celebra Galicia', organizado polo Goberno da Cidade de Bos Aires, a Comunidade Galega na Arxentina e a Xunta de Galicia, tivo lugar na capital arxentina o 14 de setembro de 2014.

Galicia Pórtico Universal en Nürnberg

Galicia Pórtico Universal en Nürnberg

Imaxes do Galicia Pórtico Universal en Núremberg organizado pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración co Centro Galego de Nürnberg. Ademais das aulas de catas gastronómicas para profesionais, demostracións en vivo da nosa artesanía e información turística, todas e todos os cidadáns que se pasaron pola Área expositiva de Galicia situada na céntrica Jakobsplatz (praza de Santiago)...

Reencontros na Casa 2016

Reencontros na Casa 2016

Imaxes da chegada aos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela das e dos beneficiarios do programa 'Reencontros na Casa 2016' da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

anterior pausaresumo próximo
Ex. 2017

2017

2016

Páxinas