Centros Galegos

  • O domingo 4 de decembro a partir das 12,45 h., na sede da Casa de Galicia en Guipúscoa, celebrarase o XXIII Gran Capítulo da Enxebre Orde da Queimada, ao que asistirá Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración.
  • O martes 6 de decembro ás 18,00 h., na Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo do Centro Galego de Bos Aires, inaugúrase a mostra de pintura de María Celia Costas Estévez (Vigo, Pontevedra). A pintura de María Celia pode describirse como un expresionismo...
  • Do luns 2 ao venres 27 de xaneiro, na sede da entidade galega na cidade brasileira, a Casa de Espanha de Río de Xaneiro organiza a Colonia de vacacións 2017. Horario: De 13,00 a 17,30 h. - (de luns a venres) Idade: 4 a 13 anos (clases por grupos...
  • Do martes 29 de novembro ao luns 12 de decembro, no hall central da Estación Belgrano de Santa Fe, estará exposta Galicia imaxinada nas revistas da emigración, mostra que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis...
  • O sábado 17 de decembro a partir das 19,00 h., na sede da Asociación Galega Residentes de Mos en Bos Aires, o seu grupo de teatro 'ActueMos' porá en escena unha mostra de teatro, coa seguinte programación: Unha escena de El último de los amantes...
  • O sábado 10 de decembro a partir das 21,30 h., na sede da entidade galega na capital uruguaia, o Centro Pontevedrés de Montevideo celebra a festa de Despedida do Ano 2016. Menú ($1110): -Bocadiños fríos e quentes con whisky, viño e refrescos...
  •  O sábado 17 de decembro, na sede da entidade galega na capital alacantina, o Centro Galego de Alacant organiza un Xantar Solidario, cuxos beneficios serán doados a Cáritas. O Xantar estará amenizada polo Grupo de gaiteiros da entidade Menú (14 €): -...
  • O luns 5 de decembro ás 18,00 h., no Salón Montevideo do Pazo da Lexislatura da Cidade Autónoma de Bos Aires, Emilio Raposo Varela, Deputado da Lexislatura Porteña,  fará entrega ao Centro Arzuano Melidense da capital arxentina do Diploma de Interese...
  • O sábado 18 de febreiro a partir das 20,30 h., na sede da entidade galega na cidade brasileira, o Centro Espanhol e Repatriação de Santos celebra a Grande Festa do seu 122º Aniversario. Polbo á moda do García Prezo: socios/as 140 R$; invitados/as...
  • O sábado 3 de decembro a partir das 16,00 h., na sede do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, a entidade dezana e O Terzo da Fala presentan, dentro do seu Ciclo de Teatro lido, Chovencartos, con entrada libre. Chovencartos, versión libre da obra...

Páxinas