-
O domingo 17 de agosto a partir das 13,00 h., na sede da entidade briagantina na capital arxentina, o Centro Betanzos de Bos Aires celebra as Festas de San Roque e Os Caneiros.
Menú:
-Empanadas
-Raxo con patacas
-Sobremesa xeada
-Viño, auga,...
-
Do luns 8 ao sábado 13 de setembro, en horario de 14 a 17,00 h., o Centro Recreativo Uniâo do Rio Tea organiza un Curso de Culinaria Galega. Este curso de cociña galega, que se celebrará na Perini da Pituba, terá como chef a Marcos Santamaría Somoza....
-
Do 12 ao 29 de agosto a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas organiza o seu Plan vacacional de natación 2014, dirixido a nenos/as a partir de 6 anos de idade, co instrutor Pedro Mujica.
Duración: do 12 ao 29 de Agosto 2014
Horarios: de 9,00, 10,00...
-
O domingo 17 de agosto ás 19,00 h., na sede da Casa de Espanha de Río de Xaneiro, presentarase Comédia na Casa-Stand up Comedy, co dúo Felipe Absalão (fundador do Sindicato da Comédia) e Gigante Léo (vencedor do Prêmio Multishow de Humor).
Prezo: R$ 40,...
-
O Celta viviu o venres un entrañable encontro en Londres. Aproveitando a viaxe de regreso a Vigo, tras finalizar a xira británica, o equipo olívico organizou un acto de confraternación co FC Deportivo Galicia, club amateur fundado por emigrantes galegos e...
-
Do martes 16 ao sábado 27 de setembro, na sede da entidade galega, a Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago de Salvador de Bahía organiza, co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, un curso de Baile Galego....
-
O próximo 21 de agosto, o Centro Gallego de Río Gallegos cumpre 87 anos de vida e con este motivo a comisión directiva da institución está a xestionar unha serie de actividades que comezarán este venres.
Para coñecer máis sobre as propostas, La Opinión...
-
O venres 29 de agosto de 14,00 a 17,00 h. a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos organiza unha reunión cos e coas residentes na entidade.
Haberá aulas de gancho, xogos de baralla e dominó e vídeos con documentais de...
-
Do sábado 16 ao luns 18 de agosto, na Estación Belgrano de Santa Fe celébrase a XXI Festa de Colectividades, na que o Centro Gallego da capital santafesina contará cun stand cultural e gastronómico e o seu grupo de baile.
-
O xoves 14 de agosto ás 20,00 h., no Auditorio Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires, a Comisión de Cultura organiza unha Xuntanza de Coros, con entrada de balde.
Actuacións:
Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa
Instituto Darwinion...