Cultura, ocio e deporte

  • O domingo 4 de decembro a partir das 20,00 h., na sede da entidade galega na capital uruguaia, o Centro Pontevedrés de Montevideo celebra a cerimonia de clausura do ano 2016 do seu Corpo de baile. Máis info no facebook
  • O domingo 20 de novembro, na Sala Kuspo de Münchenstein, a Sociedade Galega Sementeira de Basilea celebra o seu XXXV Aniversario. Programa: 12,30 h. Representación teatral de Así comenzamos, a cargo dos/as integrantes do coro da Sociedade 13,30 h....
  • O sábado 12 de novembro, a partir das 17,00 h., a Peña Galega de Múnic e.V. celebra a Festa do Magosto e do San Martiño para os/as seus/súas socios/as e amigos/as. Máis info no facebook
  • O domingo 4 de decembro, a partir das 15,30 h., o Teatro Rosalía de Castro da Hermandad Gallega de Venezuela acollerá o espectáculo Mundo Mágico en Navidad. 1ª prevenda: Bsf. 3000 Información: tlf. 0414 200 7070
  • O xoves 1 de decembro, na sede da Asociación de Rioplatenses de Lugo na capital lucense, desenvolverase un consulado itinerante da República Arxentina. Solicitude de cita: ata o luns 28 de novembro ás 12,00 h.:  Remitindo correo electrónico a...
  • O sábado 26 de novembro, na sede da entidade galega na capital donostiarra, a Casa de Galicia en Guipúscoa organiza un recital poético e un Magosto. Recital poético 18,30 h. Xoán Alonso e a Santa Compaña: Os soños na gaiola Magosto 19,30 h. Castañas e...
  • Do martes 8 de novembro ao xoves 1 de decembro, na Sala de Exposicións Isaac Díaz Pardo do Centro Galego de Bos Aires, estará exposta unha mostra sobre a obra de Humberto Rivadeneira, pintor nacido en Bolivia e residente na Arxentina, con entrada libre e...
  • O sábado 19 de novembro a partir das 19,00 h., na sede da entidade galega na Baixa Saxonia, o Centro Galego de Hannover e.V. organiza un Magosto. Haberá castañas asadas (2€ / ración para non socios/as) e queimada (1,5€ / copa para non socios/as), de...
  • O domingo 11 de decembro ás 13,00 h., no Restaurante Portugal de Múnic, o grupo de 'Galegos en Baviera' organiza un Xantar. Prégase confirmar asistencia antes do 3 de decembro Máis info no facebook
  • Do venres 16 ao venres 30 de decembro, na Sala de exposicións do Centro Galego de Santander, poderá visitarse a mostra de pintura da ceramista e pintora cántabra Mª Jesús Canal Arnáiz.

Páxinas