-
O domingo 10 de agosto a partir das 16,00 h., na sede social da entidade galega na capital uruguaia, o Centro Gallego de Montevideo celebra o Día do Neno cunha festa na que haberá xogos, unha obra teatral e moita troula.
-
O martes 26 de agosto a partir das 21,00 h., no Lunario do Auditorio Nacional de México D.F., celebrarase o Lughnasadh -festividade celta da colleita- cun concerto no que participarán os seguintes grupos:
Banda de Gaitas del Batallón de San Patricio...
-
O sábado 9 de agosto a partir das 16,30 h., na sede da entidade galega na cidade porteña, a Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa festexa o Día do Neno.
Haberá obra de teatro, merenda, xogos e lambetadas
Entrada libre e de balde
Máis info...
-
O programa 'Ourense Exterior' abre as portas do campus de Ourense da Universidade de Vigo a todas e todos os cidadáns residentes no exterior que queiran iniciar os seus estudos de máster en calquera dos que se ofertan neste campus, a través dun sistema de...
-
O xoves 7 de agosto, ás 21,00 h., o Orfeón Valdeorrés ofrecerá un recital na Catedral da Nosa Señora de Chartres, enmarcado dentro da súa xira europea. A entrada é libre.
-
O pasado domingo 27 de xullo o centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebrou a festividade do Día de Galicia e o Santiago Apóstolo coa realización dunha misa na Parroquia de Santo Tomas de Villanueva. Neste acto litúrxico, oficiado polo crego lucense...
-
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho en Santiago a membros da directiva do Centro Galego en Burgos, con quen repasou as actividades previstas para celebrar o vindeiro ano o seu vixésimo aniversario, evento...
-
O venres 15 de agosto ás 18,00 h., no Teatro Castelao do Centro Gallego de Bos Aires, dentro das Xornadas de Prevención en Saúde que organizan o Centro Gallego de Bos Aires, o Instituto Argentino de Cultura Gallega e o Departamento de Docencia e...
-
O domingo 10 de agosto a partir das 14,00 h., no Campo Galicia (Olivos), o Centro Galicia de Bos Aires celebra o Día do Neno 2014, no que haberá moitas sorpresas
-
O luns 18 de agosto ás 13,00 h., no Restaurante do Campo Galicia, o Centro Galicia de Bos Aires organiza un Xantar de Camaradaría.
Menú:
-Primeiro prato: friames sortidos
-Prato principal: gran paella á vista
-Bebidas: viño tinto e branco, gasosas...