Seminarios sobre cuestións xurídicas e laborais, en Hamburgo

Listen to this page using ReadSpeaker
1028 lecturas

A asociación Arbeit und Leben Hamburg organiza, co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, tres seminarios gratuitos en castelán sobre cuestións xurídicas e laborais dirixido a cidadáns/ás españois/las residentes no norte de Alemaña.

Inscricións: (ata dúas semanas antes dos seminarios)

Seminario 1: Procura de emprego e solicitude de traballo - Luns, 26 de setembro, de 17,00 a 21,00 h. 

  • Varias posibilidades de buscar un posto de traballo
  • O manexo da bolsa de emprego on-line do servizo público de emprego
  • Ler e entender ofertas de traballo
  • Explicación de posibilidades de recoñecer o título profesional en Alemaña
  • Informacións sobre as posibilidades de traballar como autónomo/a
  • A solicitude de traballo
  • A entrevista de traballo
  • Informacións sobre cursos de alemán
  • Orientación sobre a oferta de asesoramento en Hamburgo

Seminario 2: Contrato laboral, condicións laborais e protección do traballo - Luns, 31 de outubro, de 17,00 a 21,00 h. 

  • Os compoñentes dun contrato laboral
  • A nómina
  • O minijob (emprego de poucas horas, remunerado cun máximo de 450 € mensuais e libre de impostos e cotizacións)
  • A remuneración (convenios colectivos e salario mínimo)
  • Os horarios de traballo
  • As vacacións e baixas médicas
  • O accidente laboral/ prestación económica de accidentado/a
  • Informacións sobre o sistema de seguridade social en Alemaña
  • Protección de mulleres embarazadas e baixas por maternidade
  • As prestacións familiares (subsidio por fillos, subsidio parental)

Seminario 3: Perda do posto de traballo - Luns, 28 de novembro, de 17,00 a 21,00 h. 

  • O despedimento e protección fronte ao despedimento
  • O contrato de rescisión/despido modificatorio/carta de advertencia
  • A carta de recomendación
  • O subsidio de desemprego contributivo (AGL1)
  • O subsidio social (AGL2)
  • Presentarse e apuntarse na axencia de emprego
  • Informacións sobre o seguro de enfermidade/seguro de xubilación e desemprego
  • A posibilidade de facer valer os dereitos xudiciais
  • Rolda de preguntas cun avogado laboralista alemán

Máis info: picar aquí para descargar

Seminarios sobre cuestións xurídicas e laborais, en Hamburgo
Evento: 
Curso
Organiza: 
Arbeit und Leben Hamburg
Data: 
26.09.2016
28.11.2016
Hora: 
17,00
Lugar:
Arbeit und Leben Hamburg
Klub Besenbinderhof 62
Hamburgo - 20097Hamburg
Alemaña