Galicia Pórtico Universal - Bilbao & XXXI Día de Galicia en Euskadi

Listen to this page using ReadSpeaker
1221 lecturas

Do xoves 16 ao domingo 19 de xuño, no Arenal da capital biscaíña, instalarase o "Galicia Pórtico Universal - Bilbao", coincidindo coa celebración do XXXI Día de Galicia en Euskadi. As actividades que se levarán a cabo nesta Área expositiva de Galicia inclúen unha exposición de artesanía galega, exposición de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostración en vivo dunha actividade artesán galega, área de información de Turgalicia e Xacobeo e Centro de negocios, unha aula de catas gastronómicas para profesionais e música en directo.

Ademais compleméntase cunha pequena tenda onde se van vender mais de 50 referencias de produtos de calidade diferenciada, a maioría non perecedoiros (viños, conservas de peixe e mariscos, mel, augardentes, etc) e perecedoiros (queixos). Tamén a artesanía galega terá o seu espazo nesta tenda.

Aulas de catas gastronómicas para profesionais:

Programa XXXI Día de Galicia en Euskadi:

Galicia Pórtico Universal - Bilbao & XXXI Día de Galicia en Euskadi
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Xunta de Galicia
Data: 
16.06.2016 a 19.06.2016
Lugar:
Área expositiva de Galicia
Arenal, s/n
Bilbao - 48005Bizkaia
España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: