95º aniversario da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

Listen to this page using ReadSpeaker
678 lecturas

O domingo 20 de novembro a partir das 13,30 h., no Salón Arturo Cuadrado da sede da entidade galega en Bos Aires, a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina celebra un banquete co gallo do seu 95º aniversario.

  • Contarase coa presenza do embaixador de España na Arxentina, Estanislao de Grandes Pascual; o cónsul xeral de España en Bos Aires, Rafael Tormo Pérez; o cónsul adxunto, Jorge Noval Álvarez; os representantes diplomáticos de Palestina, Venezuela, Cuba, Ecuador e Bolivia; o premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel; a integrante de Madres de Plaza de Mayo Línea Fundadora, Nora Cortiñas; e os dirixentes Darío Rivas Cando, Patricio Echegaray e Jorge Kreyness, entre outras personalidades
  • Amenizará a velada a cantante arxentino-galega Lorena Lores
  • Máis info e reservas no tlf. 4300 1790
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina
Data: 
20.11.2016
Hora: 
13,30
Lugar:
Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina - Salón Arturo Cuadrado
Chacabuco, 955 - (San Telmo)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - 1069Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina