Electores/as ERTA que se atopen en Galicia o 25-S - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016
Se es elector/a ERTA (cidadán/á temporalmente no estranxeiro, inscrito/a como 'non residente' no Rexistro de matrícula Consular) e o 25 de Setembro te vas atopar en Galicia, poderás votar aquí na urnado teu colexio electoral (sempre que non rogaras/solicitaras o voto previamente).
Se es elector/a ERTA e vas estar no estranxeiro, tes ata o 5 de setembro para solicitar o voto (nas Oficinas Consulares ou Seccións Consulares das Embaixadas ou descargando o impreso aquí) e ata o 21 de setembro para envialo por correo. Se non estás inscrito/a no Rexistro de Matrícula Consular, poderás inscribirte no mesmo momento en que vaias solicitar o voto.