3º Paso: Emisión do voto - Eleccións ao Parlamento de Galicia 2016
3º Paso: Emisión do voto
A Lei prevé dúas formas de facelo, escolle a que mellor che conveña:
1. Envío do voto por correo
(Ata o 20/09/2016)
Se optas polo voto por correo, debes:
-Introducir no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial:
- 1 Sobre de votación coa papeleta correspondente introducida
- 1 certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes
- Fotocopia do Pasaporte español, Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular
- E, en segundo lugar, introducir este sobre no sobre dirixido á Oficina Consular de Carreira ou á Sección Consular da Misión Diplomática á que o/a elector/a está adscrito/a, e enviar por correo certificado, incluíndo, se o desexas, o impreso cumprimentado para a devolución dos gastos do envío.
2. Depósito do Voto en urna
(Do 21/09/2016 ata o 25/09/2016, ambos os dous inclusive)
Se elixes votar en urna, debes:
-Introducir no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial:
- 1 Sobre de votación coa papeleta correspondente introducida
- 1 certificado de inscrición no Censo de Residentes Ausentes
- Fotocopia do Pasaporte español, Documento Nacional de Identidade español ou, no seu defecto, certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro de matrícula consular
-Este sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial debe ser entregado persoalmente polo/a elector/a nas oficinas ou seccións consulares nas que estea inscrito/a.
-O sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial depositarase na urna, unha vez que o/a funcionario/a consular estampe en devandito sobre o selo da oficina consular no que conste a data do depósito.
*É necesario que entregues ao persoal da mesa electoral o 2º dos certificados de inscrición no censo de residentes ausentes. Lembra tamén que a identidade debe ser acreditada mediante un dos seguintes documentos:
- Pasaporte
- DNI
- Certificación de nacionalidade ou inscrición no rexistro de matrícula consular
IMPORTANTE
Recorda levar contigo:
- O pasaporte español orixinal ou DNI español ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no rexistro consular
- 2º Certificado do CERA
- E lembra que é moi importante que toda a documentación estea en vigor