Axenda
Buscador
-
23.11.2024O Centro Galego de Montevideo, en Uruguai, organiza o sábado 23 de novembro, ás 18:30 horas, o festival de danza "Festa no Campo". Un festival coa actuación da Escola de Danza Rexional Galega, grupo formado polos máis pequenos da institución. Máis info: Instagram. Máis información
-
23.11.2024O Centro Español de Ingolstadt realizará este sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, a proxección de "Salta!", que se inclúe no ciclo Mestre Mateo. Será no Cine VHS. Será en V.O., con subtítulos en inglés. Entrada gratuíta. Reserva na web. Máis info: Facebook. Máis información
-
23.11.2024Inauguración da exposición "Cidade Paralela", da artista plástica Graciela Defelice Vales, no Museo da Emigración Galega na Arxentina Francisco "Paco" Lores. O acto será o sábado 23 de novembro ás 17:30 horas. A exposición estará aberta ata o 6 de decembro. Apertura de... Máis información
-
23.11.2024O Centro Espanhol do Paraná celebra o sábado 23 de novembro unha 'Feijoada' para os seus socios. Será a partir das 13:00 horas, R$ 60,00 por persoa. R$ 30,00 de 6 a 12 anos. Máis info: Facebook. Máis información
-
23.11.2024116 Aniversario do Centro Galego de Lisboa. Lugar: Centro Galego de Lisboa 23 de novembro de 2024 De 11:30 a 20:00h Máis info: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa Máis información
-
14.06.2024, 10.07.2024, 17.07.2024, 13.09.2024, 11.10.2024, 25.10.2024, 08.11.2024, 22.11.2024As entidades galegas do exterior en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual, organizan o Ciclo Mestre Mateo de cinema galego, no que se proxectarán os oito filmes finalistas nas categorías de mellor longametraxe e mellor documental... Máis información
-
21.11.2024O Centro Galego de Lisboa acollerá a presentación do documental "Anduriña, muller de ida e volta", dirixido por Cristina Pascual e Faiado Producións, o xoves 21 de novembro ás 19.00 horas. Esta peza recolle a testemuña de quince mulleres emigrantes do Concello de Maceda (... Máis información
-
17.11.2024O Centro Galego de Madrid celebra na súa sede a conferencia "Sor Lucía, la luz que brilló en Pontevedra", de José Victorino Moure Rivera, este domingo 17 de novembro ás 18.30 horas. O autor falará sobre o seu libro. Máis info: Facebook. Máis información
-
17.11.2024O Centro Cultural e Recreativo Alma Galega de Montevideo, no ano no que conmemoran o seu 70 aniversario, celebra este domingo 17 de novembro, ás 13.00 horas, unha Festa Homenaxe aos emigrantes. Contará con música en vivo, discoteca e xantar. As prazas son limitadas.... Máis información
-
16.11.2024A Asociación Galega Residentes de Mos, en Bos Aires, organiza o sábado 16 de novembro, ás 21:00 horas, o festival Gaitanza Internacional ToqueMos Xuntos 2024. Actuarán gaitas galegas, asturianas, gregas, croatas e irlandesas. Haberá tamén un gran bufete. Entrada libre e... Máis información
Páxinas |









