Axenda
Buscador
-
25.11.2012O domingo 25 de novembro ás 16,45 h., dentro da Feria Internacional del Libro de Guadalajara 2012 que se celebra na cidade azteca do 24 de novembro ao 2 de decembro, realizarase a presentación do libro de Manuel Losa, galego residente no Uruguai, Desde el otro lado del mar. Máis información
-
25.11.2012O domingo, 25 de novembro a Casa de Galicia de Montevideo festexa o seu 95º aniversario cunha Grande Romaría Galega. Ás 11,00 h. comeza a procesión, saíndo do Hogar Español ata a Quinta Social da entidade. Poden participar tanto as persoas asociadas como as non asociadas (... Máis información
-
24.11.2012O sábado 24 de novembro a partir das 18,00 h., na rúa de Ca N'Escandell (a carón da igrexa de San Pablo), o grupo de música tradicional galega Ardello Eixo organiza o Magosto - 1ª Festa da castaña en Eivissa. Haberá -a prezos módicos- as típicas castañas asadas, empanada... Máis información
-
24.11.2012O sábado 24 de novembro ás 20,00 h., na Sala Valle Inclán do Centro Gallego de Montevideo, o Ballet Folclórico Galego Alborada da entidade decana do asociacionismo galego no exterior realiza a súa presentación anual, coa interpretación dos nosos bailes tradicionais. A... Máis información
-
24.11.2012O sábado 24 de novembro ás 17,00 h., no Teatre Principal de Badalona, a Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona celebrará a Gala do seu XV Aniversario. Ademais das actuacións do grupo folklórico, homenaxearase a D. Jesús Galán, poeta e mestre gaiteiro. O prezo das... Máis información
-
24.11.2012O sábado 24 de novembro ás 21,13 h., na sede da entidade, o Centro Arzuano Mellidense de Bos Aires organiza a Festa da Cervexa. Haberá cervexa tirada, comidas típicas de Galicia, shows en vivo e DJ despois da 1,00 h. da madrugada. Información e venda de entradas por... Máis información
-
23.11.2012O venres 23 de novembro péchase o prazo de recepción dos traballos para o II Certame Literario de Narrativa Breve que convoca a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina. Tema: Galicia meiga Prazo de entrega de obras: ata o 23 de novembro de 2012 Data... Máis información
-
22.11.2012O xoves 22 de novembro -o cuarto do mes de defuntos, como é tradicional- a partir das 22,00 h. o Club España de Newark organiza, na sede da entidade, a Festa de Acción de Grazas. A música correrá a cargo de Ángel Lestón; o prezo das bebidas é de 3 $ para a cervexa e de 5 $... Máis información
-
21.11.2012O mércores 21 de novembro ás 20,00 h., na sede da Casa Guilherme de Almeida de São Paulo, inaugúrase a exposición Valetín Paz Andrade. Uma antena galega no Brasil, organizada polo Consello da Cultura Galega e a citada entidade paulista. Máis información
-
20.11.2012O martes 20 de novembro ás 19,30 h., no Auditorio Ambrosio Morales da Universidad de Alcalá, o escritor vigués Francisco Castro pronunciará unha conferencia baixo o titulo Ser escrit@r. No evento, organizado polo Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid, o autor de In vino... Máis información
Páxinas |









