Axenda
Buscador
-
02.02.2014Do mércores 29 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro, na sede da entidade galega na capital venezolana, a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas organiza o Torneo de xadrez 2014. A inscrición abrirase o 29 de xaneiro Máis información
-
01.02.2014O sábado 1 de febreiro a partir das 20,00 h., na sede da entidade galega na cidade xermana, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo celebra a Festa da empanada galega. Persoas non asociadas: 3 € Haberá música de gaita en directo e disco-baile Máis información
-
01.02.2014O sábado 1 de febreiro de 10,00 a 22,00 h., no Centro Comercial La Farga de L'Hospitalet de Llobregat, celébrase a Gran Chocolatada solidaria na que participarán a Casa Galega de L'Hospitalet de Llobregat, a A.C.G. Agarimos de Badalona e a A.C.G. Rosalía de Castro de... Máis información
-
31.01.2014O venres 31 de xaneiro ás 13,00 h., na casa de Cultura de Burela, inaugurarase a exposición Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia, mostra promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e coa colaboración da... Máis información
-
30.01.2014O xoves 30 de xaneiro a partir das 20,00 h., na súa sede do Parque Social e Polideportivo de Carrasco, o Centro Gallego de Montevideo celebra unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do 128º aniversario do nacemento do xenial galeguista rianxeiro.... Máis información
-
30.01.2014Do martes 21 ao xoves 30 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición/matrícula no Curso de español nivel básico que organiza o Centro Espanhol e Repatriaçao de Santos. Consultar grupos, horarios e máis info en www.cesantos.com.br Máis información
-
30.01.2014O xoves 30 de xaneiro ás 20,00 h., na cervexaría Volkhaus da cidade saxona, o Lectorado de Galego da Universidade de Leipzig organiza un Faladoiro para todos aqueles e aquelas, de orixe galega ou xermana, que queiran ter unha conversa en galego. Más info en facebook Máis información
-
30.01.2014O xoves 30 de xaneiro ás 19,00 h., na Casa de Galicia - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, presentarase o libro de relatos curtos La bebida de las avispas, obra da porriñesa María Jesús Domínguez Sío editada por La isla de Siltolá. Máis información
-
29.01.2014O mércores 29 de xaneiro ás 20,30 h., na sede da entidade galega en Colima, o Centro Gallego de México celebra a súa Asemblea xeral ordinaria. As persoas asociadas han de asistir coa súa credencial. Máis información
-
28.01.2014O martes 28 de xaneiro ás 12,30 h., na Casa de Galicia - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, presentarase en rolda de prensa a XLVI Edición da Feira do Cocido de Lalín. Máis información
Páxinas |









