Axenda
Buscador
-
19.01.2025O Centro Cultural e Recreativo Alma Galega, de Montevideo, celebra o inicio do 2025 cunha gran xornada festiva o domingo 19 de xaneiro ás 13:00 horas. Haberá música en vivo e un gran menú. Reservas: 099 681 015. Máis info: Facebook. Máis información
-
18.01.2025Representación teatral da compañía La Galocha Teatro na Casa de Galicia en León. Será este sábado, 18 de xaneiro, a partir das 19:00 horas. Representarán as obras: "Lapislázuli", "Ganas de reñir", "La petición de mano" e "La consulta de la Seguridad Social". Máis info:... Máis información
-
18.01.2025O cantautor Alfredo González Vilela presenta no Centro Galego de Barcelona o seu traballo "40 cantigas a Rosalía de Castro". Será o sábado 18 de xaneiro ás 18:00 horas. Entrada de balde. Máis info: Facebook. Máis información
-
17.01.2025O Centro Galego de Salamanca inicia o 2025 cunha nova edición do seu programa "Hoxe Galicia". No seu xa Programa 14, que estrea novo horario, falarán dos Reis Magos e dos agasallos. Será este venres, 17 de xaneiro, ás 20:30 horas. En Radio USAL (89.0 FM) Máis info:... Máis información
-
17.01.2025O Centro Galego de Madrid prepara unha xornada de humor o venres 17 de xaneiro ás 19:00 horas cos contos de Fernando Lago. O evento, co que dan inicio ás actividades deste ano, terá lugar na Biblioteca do Centro. Entrada de balde. Máis info: Facebook. Máis información
-
12.01.2025O Centro Galego de México celebra o domingo 12 de xaneiro unha chocolatada de Reis. Unha xornada de diversión para os máis pequenos. A partir das 4:30 PM. Prezo: $250 adultos / $200 nenos. Máis info: Facebook. Máis información
-
11.01.2025O Centro Galego de Mar del Plata organiza este sábado 11 de xaneiro un sábado de paella para os seus socios. Será a partir das 21:30 horas. Haberá paella, sobremesa, bebidas, gaitas, dj e baile. Reservas no 4931798 / 2235785081 ou na sede do Centro. Máis info: Facebook. Máis información
-
11.01.2025O Centro Español de Queens, en NY, celebra o sábado 11 de xaneiro, a partir das 19.00 horas, a súa primeira festa latina. Actuará Fernando Pirez Cantante & Dj e contará como invitada especial con Krystal. Prezo: $20. Reservas: 551-359-0359. Máis info: Facebook. Máis información
-
11.01.2025 a 12.01.2025O Centro Galego de Barcelona presenta a exposición fotográfica "Berta", de Adrián Pita Otero, nas súas instalacións. Será o sábado 11 de xaneiro ás 18:00 horas. A entrada será de balde. A exposición mostra a forza de Berta contra a enfermidade e a dor compartida en imaxes... Máis información
-
11.01.2025A Asociación Cultural As Xeitosiñas, xunto coa Misión Católica da Lingua Española, organiza unha gran festa de Reis este sábado 11 de xaneiro. Será entre as 16:30 e as 2:00 horas na igrexa ortodoxa grega Gemeinde de Zürich. Os Reis Magos chegarán cos agasallos arredor das... Máis información
Páxinas |









