Axenda
Buscador
-
26.05.2014O luns 26 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, a deseñadora coruñesa Begoña Peñamaría Marcos presenta o seu libro Dejadme marchar, unha homenaxe da autora ao seu irmán Sergio, falecido por mor dun cancro fulminante... Máis información
-
26.05.2014 a 01.06.2014Do luns 26 de maio ao domingo 1 de xuño a Agrupación Hijos de Galicia de Sestao celebra a súa XXX Semana Cultural - Día das Letras Galegas 2014. Programa (picar aquí para descargar) Máis información
-
25.05.2014O domingo 25 de maio, nos salóns da Sociedad Parroquial de Vedra de Bos Aires, a Comisión Organizadora de Residentes de Boqueixón celebra a Festa do Pico. Programa: 12,15 h. Misa en honor de San Sebastián 13,30 h. Gran Xantar: -Menú: empanadas crioulas, cocido galego,... Máis información
-
25.05.2014A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XIV Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O prazo límite de admisión de obras é o 25 de maio de 2014, cunha dotación de 600 € para o primeiro premio e de 150 € para o segundo. Bases... Máis información
-
25.05.2014A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XII Concurso de fotografía. Data límite de admisión de obras: 25 de maio de 2014 Premios: -1º premio: 300 € -Accésit: 100 € Bases: picar aquí para descargar Máis información
-
25.05.2014O domingo 25 de maio a partir das 13,00 h., no salón da Asociación Tuy-Salceda, a Asociación Navia de Suarna en Bos Aires organiza a súa Gran Festa. Menú: -Socios/as 150 $ -Non socios/as 250 $ -Menores 100 $ -Reservas no tlf. 15 5056 1556 Actuacións musicais: -... Máis información
-
24.05.2014O sábado 24 de maio ás 18,00 h., na sede da entidade galega no Cantón de Zug, o Centro Galego"A Nosa Terra" celebra o Día das Letras Galegas 2014 cunha conferencia que pronunciará Armando Requeixo sobre Xosé María Díaz Castro, o poeta e tradutor guitiricense a quen a Real... Máis información
-
24.05.2014O sábado 24 de maio ás 19,30 h., na sala Pontevedra da sede da Nosa Galiza de Xenebra, celébrase o Día das Letras Galegas 2014. Cnferencia sobre Xosé María Díaz Castro, o poeta guitiricense a quen se homenaxea na presenta edición desta festa da cultura galega, que será... Máis información
-
17.05.2014, 24.05.2014O Centro Gallego de Vitoria celebra o Día das Letras Galegas 2014 cun programa de actividades culturais que renden homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o poeta e tradutor guitiricense a quen a Real Academia Galega dedica a presente edición desta festa da cultura galega.... Máis información
-
23.05.2014O venres 23 de maio ás 16,00 h., no NSG Raum 120 da Universidade de Leipzig, proxectarase o filme de José Luis Cuerda A lingua das bolboretas, longametraxe baseada nos relatos A lingua das bolboretas, Un saxo na néboa e Carmiña da obra Que me queres amor? de Manuel Rivas. Máis información
Páxinas |









