Axenda
Buscador
-
11.02.2025A sede da secretaría xeral da Emigración da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, acolle o martes 11 de febreiro, ás 19:00 horas, a presentación da novela "Éramos tres niños perdidos en la niebla", de Ruperto Long. Ademais do autor, o acto contará coa presenza do... Máis información
-
09.02.2025A Casa de Galicia realiza un obradoiro de debuxo "Recordando a Lolo", impartido pola súa filla Laia Redondo. Unha actividade coa que se homenaxea a figura de José Manuel Redondo "Lolo", toda unha institución en León pola súa traxectoria de máis de catro décadas como ... Máis información
-
09.02.2025O Centro Galego de Salamanca realiza unha sesión de "Encontros coa pandeireta" o domingo 9 de febreiro ás 12:00 horas. Este obradoiro de aprender compartindo será realizado por Yoli Río, do grupo salmantino Folk On Crest. Importante levar a pandeireta. Máis info: Facebook... Máis información
-
09.02.2025A Casa de Galicia en León realiza unha excursión á vila de Sahagún, na provincia de León, o domingo 9 de febreiro. Saída ás 9:45 horas dende as instalacións da Casa de Galicia. Prezo: 25€. Inclúe a visita guiada ao Santuario da Peregrina, comida no Restaurante O Arco e,... Máis información
-
08.02.2025O Centro Galego de Mar del Plata organiza o sábado 8 de febreiro a súa segunda paella de verán para os seus socios. Será a partir das 21:30 horas no salón principal do Centro. Haberá paella, sobremesa, bebidas, gaitas, actuación da cantante de copla Mariela Deanes, baile e... Máis información
-
08.02.2025O Centro Galego Saudade acollerá a proxección do documental "Anduriña, muller de ida e volta", dirixido por Cristina Pascual e Faiado Producións, o sábado 8 de febreiro ás 18:00 horas. Esta peza recolle a testemuña de quince mulleres emigrantes do Concello de Maceda (... Máis información
-
08.02.2025A Asociación Cultural As Xeitosiñas, xunto coa Misión Católica da Lingua Española, organiza unha gran festa de entroido o sábado 8 de febreiro. Será dende as 18:00 ata as 2:00 horas na igrexa ortodoxa grega Gemeinde de Zürich. A partir das 20:30 horas haberá un gran... Máis información
-
08.02.2025O Centro Galego de Barcelona presenta o libro "O neno pastor que venceu o lobo", de Olegario Sotelo Blanco, o sábado 8 de febreiro ás 18:00 horas. O autor é unha das persoas máis importantes da emigración galega en Cataluña. O acto estará presentado por Manuel Mandianes.... Máis información
-
08.02.2025A Asociación cultural Toxos e Xestas de Barcelona, escola de gaitas e danzas galegas desde 1977, organiza a segunda edición dos Cantos de Taberna no local da entidade. Será o sábado 8 de febreiro ás 17:00 horas. Inscricións abertas para os grupos ata o 26 de xaneiro.... Máis información
-
08.02.2025O sábado 8 de febreiro, na sede da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) en Vigo, situada na Rúa Pino 56, estará aberta unha Oficina de Información e Asesoría Itinerante. Aportarán información sobre retorno, emprego, formación, emprendemento, axudas, pensións.... ... Máis información
Páxinas |









