Axenda
Buscador
-
29.08.2015O sábado 29 de agosto a partir das 13,00 h., na sede da entidade galega na cidade alemá, o Club Galicia de Bonn organiza a Festa da Cultura. Haberá música galega en directo, comida e bebida galegas e españolas e actividades para as/os máis cativos/as Máis información
-
28.08.2015O venres 28 de agosto ás 20,00 h., no Teatro Castelao da sede da entidade galega na capital arxentina, o Grupo de Teatro do Centro Gallego de Bos Aires presenta o 'Teatrazo 2015', con entrada libre e de balde. Comedia musical - Recitados e teatro de distintos autores e... Máis información
-
24.08.2015O luns 24 de agosto o Concello de Pol organiza a XXXII Festa ao Emigrante. Máis información
-
24.08.2015O luns 30 de agosto ás 10,30 h., no Salão Nobre do Instituto de Letras, o Programa de Estudos Galegos (PROEG) da Universidade do Estado do Rio de Xaneiro organiza a palestra O galego na mocidade. Intervencións: Maite Insua Cabanela, Mestra en Letras pola Universidade da... Máis información
-
23.08.2015Xantar 25º Aniversario & San Roque na Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos AiresO domingo 23 de agosto a partir das 13,00 h., na sede da entidade galega na capital arxentina, a Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires celebra o seu 25º aniversario e o San Roque cun cocido galego. Reservas no tlf. 4931 7799 Actuacións... Máis información
-
23.08.2015O domingo 23 de agosto a partir das 13,00 h., na sede da entidade galega na cidade paulista, organízase un xantar benéfico con cocido á española a prol do Centro de Convivência Rosalía de Castro de Santos. Prezo entrada: R$ 60,00 (nenos/as +7 anos, media; +10, enteira... Máis información
-
22.08.2015O sábado 22 de agosto ás 17,00 h., no Teatro Lope de Vega do Estadio Español Las Condes, o Lar Gallego de Chile organiza a proxección do documental Carrilanos. Los túneles de un tiempo. A longametraxe relata a historia dende 1929 a 1957 da construción da liña de... Máis información
-
07.08.2015 a 08.08.2015, 14.08.2015 a 15.08.2015, 21.08.2015 a 22.08.2015O Instituto Cervantes de Río de Xaneiro e a Embaixada de España en Brasil organizan a 'I Mostra de Cine nas linguas cooficiais de España: galego, catalán e euskera'. O aforo é limitado (80 prazas) e a entrada é de balde. Programación: Venres, 7 de agosto - 18,30 h.: Pa... Máis información
-
20.08.2015O xoves 20 de agosto de 20,30 a 23,30 h., no The Crofts da capital galesa, celebrarase a 23ᵗʰ Caerdydd Galician Session. Haberá música galega tradicional e repartiranse partituras no local Máis info no facebook Máis información
-
17.08.2015O luns 17 de agosto ás 13,00 h., no Restaurante do Campo Galicia, o Centro Galicia de Bos Aires organiza un Xantar de Camaradaría. Menú: -Primeiro prato: friames sortidos -Prato principal: gran paella á vista -Bebidas: viño tinto e branco, gasosas e auga... Máis información
Páxinas |









