Axenda
Buscador
-
30.08.2025A Asociación Galega Residentes de Mos, en Bos Aires (Arxentina), celebra o día da infancia o sábado 30 de agosto, a partir das 17:00 horas, cunha nova edición, a cuarta, da Festa Rachada Internacional Infantil. Unha xornada para os máis pequenos da casa, con música, bailes... Máis información
-
30.08.2025O Centro Galego de Maracaibo, en Venezuela, celebra o sábado 30 de agosto unha gran xornada festiva con actividades para todos os públicos. A partir das 2:00 PM, "Party Time" de sábado de verán para os cativos, cun día de piscina con atraccións, xogos e moita diversión.... Máis información
-
30.08.2025O Centro Galego de Santa Fe, en Arxentina, celebra unha gran paella xigante o sábado 30 de agosto, ás 12:30 horas, na súa sede. Unha celebración con sabor e tradición. Venta por quilo. Solo previo encargo. Porcións limitadas. Reserva obrigatoria con anticipación: 342... Máis información
-
29.08.2025O Centro Galego de Mar del Plata organiza o venres 29 de agosto, ás 20:30 horas, a terceira edición de "Furancho", unha serie de eventos organizados pola entidade para reunir a súa comunidade, para pasalo ben, comer rico e desfrutar de música en directo. O menú constará,... Máis información
-
29.08.2025A Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo recibe o venres 29 de agosto a xira por España do trío arxentino formado por Fernando Rossini, Simón Marziali e Daniel Chappet. O concerto será ás 20:30 horas na Casa das Asociacións "María Mariño". A actuación... Máis información
-
29.08.2025O Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, en Arxentina, organiza o venres 29 de agosto, ás 17:00 horas, un obradoiro de escritura e lectura dialogada titulado "Alas para escribir". Dentro da actividade, haberá unha charla do escritor de Chascomús (Arxentina) Juan... Máis información
-
24.08.2025O Club Social Residente de O Grove en Buenos Aires celebra en agosto a súa tradicional Festa do Carme cun evento especial o domingo 24 de agosto, a partir das 13:00 horas. O menú constará de: tarta individual de polo, calamares á grovense con patacas, bombón escocés,... Máis información
-
24.08.2025O Centro Betanzos de Bos Aires, en Arxentina, celebra un encontro con motivo das festas da localidade galega, San Roque e Os Caneiros, con gastronomía e música o domingo 24 de agosto a partir das 13:00 horas. O menú estará composto de: Empanada. Matambre con ensalada... Máis información
-
24.08.2025A Casa de Galicia en León celebra o domingo 24 de agosto un baile vermú de verán, con música, gastronomía e bo ambiente. A celebración festiva comezará ás 13:00 horas e prolongarase ata as 15:00 horas. A cita estará amenizada por Chus Teclados e contará cunha fideuá (... Máis información
-
23.08.2025A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa en Bos Aires, Arxentina, celebra o sábado 23 de agosto, a partir das 20:30 horas, a súa Gran Noite Folclórica, unha celebración para vivir e compartir raíces. A actuación correrá a cargo do Conxunto de Arte Folclórico "El... Máis información
Páxinas |









