Axenda
Buscador
-
25.01.2019O venres 25 de xaneiro ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 h en segunda, no Gran Salón da sede da entidade galega na capital do estado Zulia, o Centro Galego de Maracaibo celebra unha Asemblea xeral extraordinaria. Orde do día: picar aquí para descargar Máis... Máis información
-
25.01.2019O venres 25 de xaneiro, na sede da entidade académica na capital británica, dá comezo un curso de lingua galega (nivel inicial, A1.1) que organiza o Instituto Cervantes de Londres. Datas: do 25.01.19 a 29.03.19 Horario: os venres, de 14:00 a 17:00 h Horas lectivas: 30... Máis información
-
24.01.2019O xoves 24 de xaneiro ás 19:30 h, na sede da entidade galega na capital andaluza, o Lar Galego de Sevilla organiza a presentación do libro Loyda. Yo nací y me crié en la última aldea celta de Galicia. Recuerdos de una niña, da pintora e escritora galega Loyda López. Máis... Máis información
-
24.01.2019, 15.03.2019O xoves 24 de xaneiro ás 19:00 h, na Galería Acervo - Arte Contemporânea de Lisboa, inaugúrase a mostra Copy / Error, do artista galego Pablo Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982). Copy / Error presenta un conxunto de traballos desenvolvidos por Pablo Barreiro en dous... Máis información
-
24.01.2019O xoves 24 de xaneiro a partir das 18:00 h, na sede do Centro Cultural de España Miami, celebrarase unha charla informativa sobre temas de emprego e seguridade social que afectan aos/ás españois/las no estranxeiro. Relatora: Lucía Ortiz, conselleira de Traballo, Migracións... Máis información
-
23.01.2019O mércores 23 de xaneiro ás 16:15 h, dentro dos Coloquios de Lingüística da Freie Universität Berlin, o Centro de Estudos Galegos da Freie Universität Berlin organiza a charla Galego e castelán en Galicia: mitos e realidades sobre o sistema verbal - Das Verbalsystem des... Máis información
-
20.01.2019O domingo 20 de xaneiro ás 12:30 h en primeira convocatoria e ás 13:00 h en segunda, na sede da entidade galega na capital uruguaia, o Centro Cultural y Recreativo Alma Gallega de Montevideo celebra a súa asemblea xeral ordinaria 2019. Orde do día: picar aquí para... Máis información
-
19.01.2019O sábado 19 de xaneiro a partir das 21:00 h, nas instalacións do local social "O Faiado", o Centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebra a Santantoná 2019. Cea e baile Menú: olleta da Plana, xamón, queixo, pastissets e queimada Prezo: socios/as 10€; non socios/as 15€;... Máis información
-
19.01.2019, 26.01.2019, 09.02.2019, 23.02.2019, 16.03.2019, 30.03.2019O Lar Galego de Sevilla organiza o obradoiro 'Conocer Sevilla', actividade consistente en coñecer a cidade hispalense mediante visitas guiadas pola capital andaluza e dirixida exclusivamente a socios/as. Monitor: Carlos Baena Neto, licenciado en Historia del Arte Programa... Máis información
-
19.01.2019O sábado 19 de xaneiro, na sede do Centro Gallego de Maracaibo, celebrarase un obradoiro de cociña xaponesa, que será impartido pola chef Heydi Morales. Os/as asistentes aprenderán a cociñar Sushi en roles tempura, California Roll, roles vexetarianos, teppanyaki de arroz e... Máis información
Páxinas |









