Axenda
Buscador
-
16.08.2025O grupo coral "Alma Gallega" e o grupo de percusión "Quérovos", do Centro Cultural e Recreativo Alma Galega de Montevideo, participan o sábado 16 de agosto nas actividades do Miradoiro Panorámico da Intendencia de Montevideo. As actuacións comezan ás 13:00 horas. O... Máis información
-
16.08.2025A Asociación Cultural Irmandade Galega de Venezuela organiza un sábado de diversión e entretemento este 16 de agosto, con "Pool Party" e cine. A "Pool Party" comezará ás 12:00 PM, con atraccións especiais, recreación e a mellor música. Ata as 6:00 PM. "Cine por vacacións... Máis información
-
15.08.2025 a 17.08.2025O Centro Galego de Santa Fe participa do 15 ao 17 de agosto na Festa das Colectividades 2025 de Santa Fe, un encontro que terá lugar na Estación Belgrano da cidade arxentina. No evento, o Centro Galego contará cun posto cultural propio, no que mostrará as raíces, traxes... Máis información
-
10.08.2025O Centro Arzuán Melidense de Bos Aires, en Arxentina, celebra o domingo 10 de agosto as grandes festas das localidades galegas de Arzúa e Melide cun gran xantar, con paella, na súa sede de Cochabamba. O evento, co que se conmemoran as festas da Virxe do Carme de Arzúa e do... Máis información
-
10.08.2025O Centro Galego de Mar do Prata organiza o domingo 10 de agosto, a partir das 13:00 horas, un almorzo polo Santiago Apóstolo, unha xornada especial para conmemorar o patrón do Centro e de Galicia. O evento contará cun almorzo especial, actuacións musicais e moita animación... Máis información
-
10.08.2025O Centro Social e Cultural Bergantiños de Montevideo, en Uruguai, recupera os seus tradicionais "Callos de Bergantiños" o domingo 10 de agosto, ás 13:00 horas. O menú contará con picada con whisky, variedade de friames, callos á galega, café, xeado e bebidas. Orquestra.... Máis información
-
09.08.2025O Centro Betanzos de Bos Aires, en Arxentina, realiza o seu particular homenaxe ao "Ano Castelao" coa proxección, na súa sede, da película documental Castelao (Biografía dun ilustre galego", obra de 1980 dirixida por Jorge Preloran. A cita ten lugar o sábado 9 de agosto ás... Máis información
-
09.08.2025A Sociedade Parroquial de Vedra, en Bos Aires, organiza o sábado 9 de agosto, dende as 18:00 horas, o evento "A noite de Antonio López Ferreiro". Unha cita na que se fará un percorrido pola vida e obra do sacerdote, escritor, arqueólogo e historiador natural desta... Máis información
-
08.08.2025A Federación Galega de Asociacións Galegas no Uruguai celebra un xantar de irmandade o venres 8 de agosto ás 19:30 horas. Un encontro no que se entregará o seu premio Castelao. O evento terá lugar na sede do Centro Galego de Montevideo. O homenaxeado nesta edición será... Máis información
-
03.08.2025O Centro Galego de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia, en Arxentina, celebra o domingo 3 de agosto, a partir das 13:00 horas, o seu gran xantar anual. O evento servirá para conmemorar o 102 aniversario da Entidade. Haberá un amplo menú con polbo á galega, caldo galego... Máis información
Páxinas |









