Axenda
Buscador
-
15.11.2021, 10.12.2021Do luns 15 de novembro ao venres 10 de decembro, na Sala de Exposicións do Edificio Moruno da Autoridade Portuaria de Castelló, poderá visitarse a exposición O soño cubano da emigración galega, mostra organizada polo Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" coa colaboración co... Máis información
-
10.12.2021O venres 10 de decembro ás 16:00 h, na sede da entidade académica na capital chinesa, o Instituto Cervantes de Pequín organiza a proxección do filme galego 18 comidas (2010), longametraxe dirixida polo lucense Jorge Coira e gañadora de 7 premios 'Mestre Mateo' da Academia... Máis información
-
09.12.2021O xoves 9 de decembro ás 19:00 h, no Salón Gabino Castro Gil da sede da entidade galega na capital lusa, a Xuventude de Galicia – Centro Galego de Lisboa acolle a presentación dunha escolma das curtametraxes gañadoras no Festival de Cans 2021. Cartel informativo: picar... Máis información
-
09.12.2021, 12.12.2021A Casa de Espanha de Río de Xaneiro organiza cadanseu campionato de mus e tute. Iº Campionato de mus - Xoves, 9 de decembro de 2021, 17:00 h Inscricións: ata as 16:00 h do día do campionato Custo da inscrición: 100 R$ por parella Premio: 1.000 R$ + trofeo para a parella... Máis información
-
04.12.2021O sábado 4 de decembro a partir das 17:30 h, na Sporthalle Unterrohr de Schlieren (ZH), a Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich celebra a o seu 40º aniversario, no que tamén se presentará o primeiro CD da súa Banda de gaitas. Acceso só con certificado covid-19... Máis información
-
04.12.2021O sábado 4 de decembro ás 16:00 h na Kantonsschule Hottingen de Zürich, organizada polo Consulado Xeral de España en Zürich, a Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Embaixada de España en Berna e o Consejo de Residentes Españoles (CRE) de Zürich, terá... Máis información
-
04.12.2021, 18.12.2021A Asociación de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI) organiza cadanseu Bazar do Nadal 2021 no Milladoiro e Bertamiráns. Haberá comida e artesanía típica venezolanas, música en vivo, obradoiros, a visita de Papá Noel para os/as máis cativos/as etc. Os/as... Máis información
-
04.12.2021O sábado 4 de decembro a partir das 9:00 h, na sede da entidade galega na capital do estado Carabobo, a Comisión de xadrez da Hermandad Gallega de Valencia organiza o IIº Torneo de Xadrez Nadal 2021. Cartel informativo: picar aquí para descargar Máis info: ... Máis información
-
02.12.2021O xoves 2 de decembro ás 20:00 h, no Teatro Astral de Bos Aires, o Centro Dramático Galego pon en escena O charco de Ulises, adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega a Montevideo e Bos Aires. Texto: Santiago Cortegoso Dirección: Marián Bañobre e... Máis información
-
01.12.2021O mércores 1 de decembro en cadansúa sesión ás 18:00 e ás 21:00 h, na Sala Héctor Tosar do Auditorio Nelly Goitiño de Montevideo, o Centro Dramático Galego pon en escena O charco de Ulises, adaptación da Odisea de Homero ao contexto da emigración galega a Montevideo e Bos... Máis información
Páxinas |









