Axenda
-
12.09.2026O Centro Español Apóstol Santiago de Liechtenstein celebra o sábado 12 de setembro unha gran grellada para toda a sociedade na súa sede. Unha xornada para conmemorar o día da Barca, na que haberá gastronomía e cultura. A comida e bebida para os socios é gratuíta, mentres... Máis información
-
12.09.2026 a 13.09.2026O Centro Galego de Bahía Blanca estará presente este sábado 12 e domingo 13 de setembro na Festa das Colectividades que terá lugar no Puerto Ingeniero White da cidade arxentina. No posto que colocará a entidade haberá empanada galega, torta de Santiago e cocadas de Ferrol... Máis información
-
12.09.2026O Círculo Social Val Miñor de Galicia en Bos Aires participa o sábado 12 de setembro no 25º Encontro de Danzas Circulares, que terá lugar no Parque Avellaneda. No encontro, que se celebrará no playón do Antigo Tambo, participarán os grupos folclóricos do Círculo Social.... Máis información
-
11.09.2026, 12.09.2026, 13.09.2026, 18.09.2026, 19.09.2026A Asociación Cultural Irmandade Galega de Venezuela organiza en setembro as Olimpíadas Galegas 2026. Unha competición que terá lugar o 11, 12, 13, 18 e 19 de setembro na súa sede. As inscricións están abertas para os equipos (de 10 a 15 participantes cada un), tanto de... Máis información
-
13.09.2026A Casa de Galicia en León celebra unha festa para despedir o verán o domingo 13 de setembro, a partir das 13:00 horas, na súa sede. Para este evento especial, haberá: Baile vermú, amenizado por Benjamín García, ás 13:00 horas. Comida popular ás 15:00 horas. O xantar... Máis información
Páxinas |




