Novas
Buscador
- Miranda recala en Pinar del Río na penúltima etapa do seu percorrido polas provincias periféricas de Cuba antes de regresar á capital 03.12.2017 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse coa coordinadora da zona, Higinia Balea, para recibir información sobre a situación das galegas e os galegos na rexión. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recalou onte á tarde en Pinar del Río na súa derradeira parada antes de regresar a La Habana, desde onde emprenderá a volta... Máis información
- Miranda achégase á situación dos galegos e galegas en Santiago de Cuba nunha reunión con membros e representantes da colectividade 02.12.2017 audio O secretario xeral da Emigración viaxou ao oriente do país para facer seguimento da entrega das 532 axudas destinadas a emigrantes residentes na provincia. O responsable autonómico aproveitou para mandar unha mensaxe de pésame á familia e amizades de José Blanco, coordinador de Guantánamo recentemente falecido. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
- Miranda encomia a aportación das e dos emigrantes aos seus países de destino durante a homenaxe ao himno galego celebrado pola Enxebre Orde da Vieira en La Habana 01.12.2017 audio O secretario xeral da Emigración puxo o antigo palacio do Centro Gallego, escenario do acto, como exemplo do bo facer dos galegos e as galegas que chegaron a Cuba. O cargo autonómico participou nos actos de conmemoración do 110 aniversario dun dos emblemas de Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, encomiou onte á... Máis información
- Miranda fai balance das axudas dirixidas aos galegos e galegas residentes en Cuba co embaixador de España e representantes do Goberno centroamericano 30.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración reuniuse co responsable de Europa do Ministerio de Relacións Exteriores cubano e co de Xustiza. O cargo autonómico asistirá esta tarde ao capítulo extraordinario da Enxebre Orde da Vieira en La Habana. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta mañá na sede da Embaixada de España... Máis información
- Miranda inicia unha viaxe a Cuba cun intenso programa que o levará a reunirse con responsables de varias rexións do país 29.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración manterá encontros con diplomáticos españois e representantes das agrupacións de galegas e galegos residentes en Cuba. O cargo autonómico aproveitará a súa estancia para asistir ao capítulo extraordinario da Enxebre Orde da Vieira por mor do 110 aniversario do himno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
- A Federación de Centros Españoles de Venezuela ten nova directiva 29.11.2017 audio A Feceve é unha instancia que representa ao colectivo organizado proveniente das distintas comunidades autónomas españolas e, no posible, ao non organizado, residente en Venezuela ante gobernos, organizacións e organismos públicos e privados de España, Europa e Venezuela. A Federación de Centros Españoles de Venezuela (Feceve), estrea nova xunta... Máis información
- Miranda asiste a un concerto didáctico e un acto cultural con nenos e nenas da Hermandad Gallega de Venezuela 24.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración fíxolles entrega do libro 'Picariño, Pura e Dora Vázquez na voz de Suso Vaamoonde'. Os pequenos e pequenas gozaron no Teatro Rosalía de Castro da agrupación caraqueña dun concerto prenavideño con Luís Vaamonde e Alfredo Villalba, do grupo A Roda. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu... Máis información
- Miranda supervisa a xestión das axudas de emerxencia e de medicamentos na oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela 23.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración visitou as dependencias, que acaban de ser reforzadas para atender unha media de cen consultas diarias. O titular do departamento autonómico tamén participou nun acto cultural con alumnos e alumnas do colexio Castelao . O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá a oficina de... Máis información
- Miranda viaxa a Venezuela para facer seguimento dos programas de axudas de emerxencia aos galegos e galegas residentes no país 22.11.2017 audio O secretario xeral da Emigración encontrarase coas e cos representantes diplomáticos españois e participará no Padroado da Fundación España Salud. O cargo autonómico tamén asistirá a varias actividades culturais dirixidas ás nenas e nenos galegos en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, viaxará a Venezuela para... Máis información
- O Lar Galego de Pamplona festexou o Magosto 21.11.2017 audio Este pasado sábado, 18 de novembro, o Lar Galego de Pamplona celebrou un magosto. Houbo castañas, viño do Ribeiro, refrescos para as e os máis novos, e música e bailes tradicionais galegos a cargo das e dos integrantes de "Os fillos de Breogán", agrupación folclórica desta comunidade galega fundada no 1951. O evento pechouse cunha cea e posterior... Máis información
Páxinas |









