Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
19Outubro2023O expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata traslada ao secretario xeral da Emigración o interese da colectividade na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co expresidente do Centro Gallego de Mar del Plata, Francisco Solla, quen lle trasladou o interese da colectividade galega na Arxentina polas medidas de retorno postas en marcha pola Xunta. Pola súa banda, Rodríguez Miranda destacou o labor que Solla desenvolveu durante anos á fronte desta entidade que conta, dende 2004, cun centro de día co obxectivo de promover o apoio... Máis información
-
19Outubro2023O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na inauguración da mostra que conecta a ruta xacobea e o Camino de Brochero en Paraná (Entre Ríos) audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu en Paraná, Entre Ríos, á inauguración da mostra que conecta os itinerarios da Ruta Xacobea a Santiago de Compostela e o Camino del Cura Brochero e que se pode ver na Catedral metropolitana e na Municipalidade desta localidade. A actividade concrétase no marco dunha iniciativa que promove a integración de ambas rutas a través de políticas culturais e turísticas. A mostra foi... Máis información
-
19Outubro2023Emigración lembra que a Xunta informará esta fin de semana sobre temas tributarios aos galegos e galegas de Suíza audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra a todas e todos os interesados que, esta fin de semana, a Xunta de Galicia ofrecerá tres sesións informativas en Xenebra, Berna e Zürich, da man da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co obxectivo de achegar a situación tributaria en España a aqueles galegos e galegas residentes en Suíza que desexen retornar. As xornadas terán lugar o venres 20 en Xenebra, ás 19:30 horas, no local de A Nosa Galiza; o... Máis información
Páxinas |