Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Setembro2022O secretario xeral da Emigración recorda en Onda Cero que o Goberno galego sempre apoiou a derrogación definitiva do voto rogado audio O secretario xeral da Emigración destacou a satisfacción institucional pola aprobación definitiva no Senado, xa que “é de xustiza” e facilita a participación nas eleccións dos galegos e galegas do exterior sen minguar as garantías das e dos inscritos no CERA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou en Onda Cero Galicia a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do voto rogado, trala... Máis información
-
23Setembro2022O especial “Historias de ida e volta” de setembro destaca o centenario da Asociación do Partido de Corcubión en Bos Aires audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de setembro do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, céntrase, nesta ocasión, no... Máis información
-
22Setembro2022Miranda traslada na TVG a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do voto rogado audio O secretario xeral da Emigración recordou que o Goberno galego sempre ten apoiado, “porque o considera de xustiza”, a súa substitución por outro procedemento que favoreza o voto en urna e facilite a participación sen minguar as garantías das e dos inscritos no CERA. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou hoxe no programa Bos Días da TVG a satisfacción do Goberno galego pola aprobación definitiva da derrogación do... Máis información
-
22Setembro2022Emigración organiza 36 obradoiros de música, cociña e cultura galega para as entidades do exterior audio Estas actividades serán organizadas polos propios centros en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, e continuarán este ano sendo telemáticas en América e presenciais en España e Europa. A Secretaría Xeral da Emigración acaba de publicar a adxudicación dos 36 obradoiros que se realizarán en colaboración coas entidades galegas do exterior para dar formación ás persoas asociadas en folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura... Máis información
-
21Setembro2022Emigración colabora con Fegaus no proxecto Bela Galicia para achegar actividades de formación e divulgación en liña dos galegos e galegas do exterior audio Entre os cursos que se van ofertar, e nos que participarán os interesados e interesadas a través das entidades galegas do exterior, atópanse xornadas formativas sobre asesoramento para o retorno, dixitalización, información sobre axudas públicas e apoio psicolóxico. Tamén participan neste proxecto a Consellería de Política Social, a Amtega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Xacobeo. O secretario xeral da Emigración, Antonio... Máis información
-
21Setembro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos de celebración polos 58 anos do Patronato da Cultura Galega de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos de celebración polo 58º aniversario do Patronato da Cultura Galega do Uruguai celebrado esta fin de semana na súa sede en Montevideo. No acto tamén estiveron presentes a cónsul general de España no Uruguai, María Victoria Scola, o presidente do Patronato da Cultura Galega, José Piñeiro, e Charo Gil, presidenta da Federación de Asociaciones Gallegas no Uruguai. O Patronato da... Máis información
-
20Setembro2022Miranda recibe ao presidente da Casa de España de San José de Río Preto en Brasil, a quen agradeceu o labor de reactivación desta entidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu ao presidente da Casa de España de San José de Río Preto en Brasil, Nelson Lois Oreiro, con quen analizou a situación da colectividade española e, en especial, da galega, nesta rexión do estado de São Paulo, e tamén a reactivación desta entidade, que conta cuns 200 socios e socias actualmente. O secretario xeral trasladoulle a total colaboración da Administración autonómica... Máis información
-
19Setembro2022Rueda resalta “a experiencia e a capacidade de xestión” da Xunta para responder ás prioridades das galegas e dos galegos audio Avanzou que no 2023 actualizaranse todas as axudas de inclusión social, para protexer ás e aos seus perceptores fronte ao impacto da inflación. Anunciou que se incrementará nun 50% a axuda para a compra de material escolar que perciben as familias máis vulnerables, cun investimento de 2,3 millóns de euros. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou “a experiencia e capacidade de xestión” da Xunta para responder ás prioridades das galegas e... Máis información
-
19Setembro2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asiste aos actos do 20 aniversario de Estrella Galicia no Uruguai audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu esta fin de semana aos acto do 20 aniversario da firma Estrella Galicia neste país americano, que tivo lugar no espazo Kibon. O acto convocou aos distribuidores e importadores esta marca en todos os países americanos e a máis de 300 personalidades da sociedade uruguaia. A marca de cervexa galega chegou a este país do Sur do continente americano por primeira vez da man da distribuidora... Máis información
-
18Setembro2022Rueda realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai audio A viaxe desenvolverase entre os días 13 e 17 para reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, realizará en outubro a súa primeira viaxe oficial como presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai, co obxectivo de reforzar os lazos coa colectividade galega e estreitar as relacións con ambos países. En concreto, desenvolverase entre os días 13 e 17 do vindeiro mes.... Máis información
Páxinas |