O presidente da Xunta reúnese co embaixador de Cuba en España

  • Machín e Feijóo, durante a xuntanza
    Machín e Feijóo, durante a xuntanza
  • Machín e Feijóo, durante a xuntanza
    Machín e Feijóo, durante a xuntanza
  • Machín e Feijóo, durante a xuntanza
    Machín e Feijóo, durante a xuntanza
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse esta mañá en San Caetano co embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, nun encontro enmarcado nas visitas institucionais que está a realizar na comunidade galega unha vez que o pasado 18 de xaneiro entregou as súas Cartas Credenciais, que lle acreditan como representante e máxima autoridade do seu país en España.

Á xuntanza tamén asistiron o conselleiro de de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o cónsul xeral de Cuba en Santiago de Compostela, José Antonio Solana Fernández.

 

 

Vídeo da reunión desta mañá:

 

 

 

 

 

981 lecturas