O delegado do Goberno en Galicia reúnese co embaixador de Cuba en España

Santiago Villanueva recibiu a Gustavo Machín nun encontro no que estiveron presentes o cónsul de Cuba en Santiago e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

  • Na imaxe, de esquerda á dereita: José Antonio Solana, Gustavo Machín, Santiago Villanueva e Antonio Rodríguez Miranda
    Na imaxe, de esquerda á dereita: José Antonio Solana, Gustavo Machín, Santiago Villanueva e Antonio Rodríguez Miranda
  • Na imaxe, Gustavo Machín (á esquerda) e Santiago Villanueva
    Na imaxe, Gustavo Machín (á esquerda) e Santiago Villanueva
Listen to this page using ReadSpeaker
A Coruña, 8 de febreiro de 2018.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, recibiu esta mañá ao embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, nun encontro enmarcado nas visitas institucionais que está a realizar na comunidade galega unha vez que o pasado 18 de xaneiro entregou as súas Cartas Credenciais, que lle acreditan como representante e máxima autoridade do seu país en España.

Na reunión, celebrada na sede da Delegación do Goberno, tamén estiveron presentes o cónsul de Cuba na comunidade galega, José Antonio Solana, e o secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda. 

Durante a audiencia expúxose a realidade da illa na actualidade e as súas relacións con España, así como a situación gas e dos descendentes de galegas e galegos asentados en Cuba.

346 lecturas