Miranda reúnese co embaixador de Cuba en España para dar continuidade á relación entre Galicia e o país centroamericano

Trátase do primeiro encontro entre o secretario xeral da Emigración e Gustavo Machín, quen accedeu ao cargo o pasado mes de xullo.

O titular do departamento galego aproveitou para adiantar ao representante cubano algúns aspectos da viaxe que ten previsto realizar antes de fin de ano ao país centroamericano.

Miranda e Machín, durante a xuntanza celebrada na embaixada cubana en Madrid
Miranda e Machín, durante a xuntanza celebrada na embaixada cubana en Madrid
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá un encontro co embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín, na sede diplomática do país centroamericano en Madrid. Trátase da primeira reunión entre ambos responsables da Administración, xa que o representante cubano accedeu recentemente ao cargo en substitución de Eugenio Martínez Enríquez.

A xuntanza tamén serviu para perfilar algúns aspectos da viaxe que Rodríguez Miranda ten previsto realizar a Cuba antes de que finalice o ano. No país caribeño residen actualmente máis de 40.000 galegas e galegos, dos que a maior parte naceron xa fóra de Galicia. É esta característica a que fai da illa un lugar fundamental para seguir desenvolvendo as políticas sociais e culturais dirixidas á colectividade galega, así como para continuar incentivando un intercambio comercial que favoreza o incremento das exportacións de Galicia cara a Cuba.

979 lecturas